Fakahina é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Fangatau. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 75 km ao leste de Fangatau.
Xeografía
A superficie total é de 8 km², cunha lagoa interior sen ningún paso ao océano. A vila principal é Tarione, e a poboación total era de 140 habitantes no censo do 2002.
Historia Antigamente era un lugar utilizado para facer sacrificios humanos. O atol foi descuberto por Otto von Kotzebue, o 26 de febreiro de 1824, que o chamou co nome do seu barco Predpriatié. Tamén se coñeceu como Prince de Joinville e Fangahina.
Categoría:Atois de Tuamotu