Pukarua é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Reao. Está situado no extremo oriental do arquipélago, a 50 km ao noroeste de Reao e a 1.300 km ao leste de Tahití.

Xeografía

O atol ten unha forma infrecuentemente estreita con 18 km de longo e 7 km de ancho. A superficie total é de 30 km², incluída a lagoa pechada de 23 km².

A vila principal é Marautagaroa, situada no extremo setentrional do atol. A poboación total era de 210 habitantes no censo do 2002. A actividade principal é a produción de copra.

Historia

Foi descuberto o 28 de maio de 1797 polo inglés James Wilson de camiño de Mangareva en Tahití. Chamouno Serle por Ambrose Serle, o autor deHorae Solitariæ

Categoría:Atois de Tuamotu