A comuna de Gambier (en francés, commune des Gambier) é unha unidade administrativa da Polinesia Francesa, no distrito de Tuamotu-Gambier. Mangareva, como única illa habitada ao sur das Tuamotu, é a capital de comuna das illas Gambier e dos diversos atois ao sur das Tuamotu. A poboación en 2002 era de 1.097 habitantes. A capital é Rikitea, na illa de Mangareva. A comuna consta das illas Gambier e os atois máis meridionais das Tuamotu:
Illas Gambier
Son, ademais de Mangareva: Taravai, Akamaru, Aukena, Temoe, e diversos illotes.
Grupo Acteón (Groupe Actéon) O grupo Acteón está formado por catro atois: Tenararo, Vahanga, Matureivavao e Tenarunga. Tamén se lle chamou grupo Matureivavao. Foi descuberto por Pedro Fernández de Quirós, en 1606, que o describe como catro illas iguais coroadas de cocos. En diferentes relacións da viaxe sae como «as Catro Coroadas», «as Catro Irmás» ou «as Alagadas». En 1983 foron devastadas polos efectos dun ciclón.
Marutea Sur Marutea Sur é un atol de 14 km² ao sur das Tuamotu. Foi descuberto por Quirós, que a chamou «San Telmo», «San Blas» ou «Curral de Auga». Explorado en 1791 por Edward Edwards mentres buscaba aos amotinados do Bounty, chamouno Lord Hood. É visitado ocasionalmente por pescadores de perlas. Chámaselle coa orientación sur para distinguilo de Marutea Norte, tamén nas Tuamotu.
María Este O atol María tamén se chama a miúdo María Este para distinguilo do illote María nas Austrais. O nome é de orixe polinesio sen ningunha relación coa Vírxe María. Historicamente tamén se lle chamou Wright Lagoon e Moerenhout. É un atol cunha lagoa pechada e con cocos e pandanaceae.
Morane Morane é un atol formado por unha lagoa pechada e tres illotes con cocos e pandanaceae, a 110 km ao oeste de Mangareva. Tamén se lle chamou Cadmus.
Atolou Illa Capital Habitantes2002 Superficie(km²) Lagoa(km²) Coordenadas Illas GambierMangareva Rikitea 870 15,4 – Aukena PurirauVila histórica, o actual non está no mesmo lugar 31 1,35 – Akamaru Tokani 11 2,1 – Kamaka 4 0,5 – Taravai Agakono 3 5,7 – IllasMotus dos atois e illas na lagoa – 0 6 419Superficie da lagoa nas illas Gambier Temoe – 0 2,1 12 Atois da comuna Tuamotu-GambierMatureivavao – 0 2,5 18 Tenararo – 0 2 1,6 Tenarunga – 0 2,2 5 Vahanga – 0 2 5 Morane – 0 2 11 Marutea Sur Auorotini 178 14 112 María Leste – 0 3 7 Arrecifes somerxidosPortland-Bank – 0 0 8A lagoa somerxida non entra na suma total Arrecifes Minerva (Ebril) – 0 0 240 Arrecifes Bertero – 0 0 GemeindeGambier Rikitea 1097 61 591
Os catro atois Matureivavao, Tenararo, Tenarunga e Vahanga forman o grupo Acteón.
Notas
Categoría:Tuamotu