miniatura|Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense. O Tio Marcos d'a PortelaO xornal titulábase "O Tio Marcos d'a Portela", segundo as normas ortográficas vixentes sería "O Tío Marcos da Portela"., foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galegaHistoria do xornalismo galego ..

Historia e características Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos c'o pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel éxito en toda Galiza, chegando a tirar catro mil exemplares. Amais das seccións literarias, principalmente poéticas, a publicación incluía opinión e actualidade. Mantívose até 1888, cando foi impresa a última edición na cidade de Lugo. Neste mesmo comezou coa publicación nas súas páxinas do Catecismo do labrego, que en 1889 editouse de xeito independente.

Coa mesma cabeceira e o mesmo espírito, as Irmandades da Fala promoveron en Ourense esta publicación entre 1917 e 1919. De carácter quincenal, editáronse 58 números. Dirixida por Higinio Ameijeiras e Xavier Prado Rodríguez, entre os colaboradores figuraban Eladio Rodríguez González, López Abente, Losada Diéguez, Manuel Lugrís e Victoriano Taibo.

Recoñecemento En 2018 escolleuse o 7 de febreiro como Día dos Medios en Galego para que coincidise co aniversario da publicación do primeiro número, o 7 de febreiro de 1876.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos A Gaita Gallega (revista) Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Ligazóns externas Lamas Carvajal e a historia do periódico O Tío Marcos da Portela , no sitio web Galicia espallada

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:Valentín Lamas Carvajal

Categoría:1876 en Galicia