Mstislav Leopoldovich Rostropovich (en ruso: Мстисла́в Леопо́льдович Ростропо́вич, Mstislav Leopol'dovič Rostropovič, pronunciado [rəstrɐˈpɔvʲɪtɕ]), nado o 27 de marzo de 1927 en Bakú"Mstislav Rostropóvich", artigo na revista Intres musicais do IES de Melide. Xuño de 2007, p. 73. (Azerbaidján) e finado o 27 de abril de 2007 en Moscova, coñecido tamén como "Slava", foi un violonchelista e director ruso. É considerado coma un dos mellores violonchelistas do século XX e mesmo por algúns coma o mellor violonchelista de tódolos tempos. Foi dedicatario de moitas obras de compositores do seu tempo, estreando arredor de 100 obras, e sendo o principal artífice da multiplicación do número de obras para violonchelo no século XX.

Traxectoria Naceu nunha familia de músicos. Estudou no Conservatorio de Moscova, dende os dezaseis anos. Chegou a ser alumno de Dmitrii Shostakovich e de Serguéi Prokofiev, antes de graduarse coas máximas distincións académicas. Posteriormente traballaría como mestre no mesmo Conservatorio, dende 1961. En 1948 xa fora solista da Orquestra Filharmónica de Moscova. A partir de 1950 actuara coma violonchelista e director. Tamén deu recitais de piano acompañando á súa muller, a cantante Galina Vishnévskaya. Tras un tempo en Moscova, foi nomeado profesor no Conservatorio de Leningrado.

Premios Premio Príncipe de Asturias da Concordia con Yehudi Menuhin en 1997.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Casa museo de Leopold e Mstislav Rostropovich

Categoría:Premios Princesa de Asturias da Concordia Categoría:Violonchelistas de Rusia Categoría:Nados en Bakú Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América Categoría:Finados por cancro colorrectal Categoría:Premio Lenin