O RDS Arena é un estadio de multiúsos de Dublín, Leinster (Irlanda) pertencente á Royal Dublin Society (RDS). O estadio foi usado orixinalmente para eventos ecuetres, incluído o Dublin Horse Show anual, que tivo lugar por vez primeira en 1868. O estado foi adquirido pola Royal Dublin Society en 1879. O RDS Arena é a casa do Leinster Rugby do Pro14, aínda que tamén é utilizado ás veces polos Shamrock Rovers, a selección de fútbol de Irlanda e o St. Patrick's Athletic. A selección de rugby de Irlanda xogou neste estadio fronte a Fidxi en novembro de 2009. Neste estadio tamén se adoitan facer concertos e acolleu un evento da WWE.
600px|miniatura|center|Imaxe panorámica do estadio.
Véxase tamén Outros artigos Leinster Rugby Aviva Stadium
Categoría:Estadios de rugby de Irlanda Categoría:Estadios do United Rugby Championship