Roberto Miguel Acuña Cabello, nado en Avellaneda o 25 de marzo de 1972, é un futbolista arxentino nacionalizado paraguaio. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o 12 de Octubre.

Alcumado El Toro debido á súa forza e presenza no centro do campo, pasou varios anos como profesional na Liga española, xogando no Real Zaragoza e no Deportivo da Coruña, sendo a segunda etapa desafortunada.

Traxectoria De moi novo Acuña emigrou a Paraguai, onde comezou a xogar no Club Nacional en 1989. Despois de cinco anos, decidiu adquirir a cidadanía do país para xogar coa selección nacional, chegando a ser o segundo xogador que máis veces xogou na historia de Paraguai, só superado polo defensa central Carlos Gamarra.

Posteriormente, Acuña xogou catro tempadas na Arxentina, con Argentinos Juniors, Independiente e Boca Juniors, antes de trasladarse a Europa en 1997, onde foi contratado polo Real Zaragoza. Cos aragoneses foi un dos piares no centro do campo, axudando a conseguir a Copa do Rei en 2001 e anotando 20 goles en 5 tempadas, só en liga. Este mesmo ano conseguiu o premio ao Futbolista paraguaio do ano.

En consecuencia, Acuña chamou a atención do Deportivo da Coruña, que contratou ao xogador por cinco tempadas pagando 11 millóns de euros, a pesar de que tiña que cumprir unha sanción de cinco partidos da campaña anterior, na que o Real Zaragoza descendeu."Deportivo swoop for Acuña" Cos galegos, porén, nunca apareceu máis de 7 veces en liga durante a súa estadía, contando tamén coas lesións"Acuña despair for Deportivo" e as dúas cesións que sufriu (Elche CF e Al Ain)."Deportivo return for 'Toro'"

Inicialmente Acuña retirouse en 2007, rematando a súa carreira en Paraguai xogando no Club Olimpia de Asunción. Porén, en 2009 saíu da inactividade firmando co Club Rubio Ñu.

Selección nacional Defensa como Gamarra, Acuña participou en tres Mundiais de fútbol, participando en 97 partidos e marcando 5 goles.

Apareceu en tódolos partidos durante as tres edicións e foi o primeiro paraguaio en ser expulsado dun Mundial, despois de darlle un codazo a Michael Ballack no derradeiro minutos dos dezaseisavos de final, expulsado por dobre tarxeta amarela.

Palmarés Club Independiente: Supercopa Suramericana: 1995 Zaragoza: Copa do Rei: 2000–01

Individual Futbolista paraguaio do ano: 2001

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en national-football-team.com

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Avellaneda Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Futbolistas de Paraguai Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Nacional Categoría:Xogadores do Argentinos Juniors Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do CA Independiente Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Al Ain SSC Categoría:Xogadores do CA Rosario Central Categoría:Xogadores do Club Olimpia Categoría:Xogadores do Club Rubio Ñu Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Paraguai