Arnhem (Ernum en baixo saxón) é unha cidade de 145.417 habitantes da provincia de Güeldres, nos Países Baixos.
Historia A primeira referencia da cidade data de 893 como Arnoldi Villa, aínda que a súa orixe real data de 1233 cando Oto II, conde de Guelders, lle deu o título de cidade. En 1443 entrou na Liga Hanseática. En 1473 Carlos de Borgoña capturouna. En 1514 Carlos de Egmond liberouna dos españois, en 1543 conquistouna Carlos V. Uniuse á Unión de Utrecht en 1579. Francia ocupou a cidade entre 1672 e 1674 e desmantelou as súas fortificacións. Entre 1795 e 1813 foi de novo ocupada polos franceses.
Na segunda guerra mundial, durante operación Market Garden en setembro de 1944 a cidade foi duramente castigada.
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades dos Países Baixos Categoría:Güeldres