Valkyrie é un filme estadounidense de 2008 ambientado na Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial, dirixido por Bryan Singer, o protagonista principal é Tom Cruise como o coronel Claus von Stauffenberg, conta tamén coa actuación de Kenneth Branagh, Bill Nighy, Eddie Izzard, Terence Stamp e Tom Wilkinson. A súa estrea foi o 25 de decembro de 2008 nos Estados Unidos. O custo de produción foi de 75 millóns de dólares e a recadación de 200.276.784 $ en todo o mundo.Valkyrie Box Office Mojo ata o 13 de abril de 2009
Produción A elección de Cruise causou controversia entre os políticos alemáns e os familiares de von Stauffenberg por ser Cruise membro da Igrexa da Ciencioloxía, organización que o goberno alemán non considera de natureza relixiosa e que intentou ilegalizar, arquivando finalmente a medida por non atopar actividades ilegais ou anticonstitucionais.
Sinopse O argumento de Valkyrie é un trasunto atentado do 20 de xullo dun grupo de oficiais alemáns contra Hitler e a utilización da Operación Valquiria, un plan de emerxencia ideado pola reserva territorial do exército, para facerse co control de Alemaña.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Web Oficial Ficha na IMDb
Notas
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Bryan Singer Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de Babelsberg Studio Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en 1944 Categoría:Filmes ambientados en Berlín Categoría:Filmes ambientados en Tunisia