Neso (ou en grego Νησώ), coñecido tamén coma Neptuno XIII, é o satélite irregular máis externo de Neptuno. Foi descuberto por Matthew J. Holman, Brett J. Gladman, e o seu equipo. o 14 de agosto do 2002, aínda que pasou inadvertido ata o 2003.IAU Circular 8213M. Holman, JJ Kavelaars, B. Gladman, T. Grav, W. Fraser, D. Milisavljevic, P. Nicholson, J. Burns, V. Carruba, J.-M. Petit, P. Rousselot, O. Mousis, B. Marsden, R. Jacobson; Discovery of five irregular moons of Neptune, Nature, 430 (2004), pp. 865-867. Final preprint(pdf) miniatura|esquerda|Satelites irregulares de Neptuno. Neso orbita Neptuno a unha distancia de máis de 48 Gm (millón de km), facendo dela a lúa máis distante do seu planeta nai1. Segue unha órbita cunha gran inclinación orbital e tamén cunha gran excentricidade, ilustrados estes conceptos no diagrama en relación ás outras lúas irregulares de Neptuno. Os satélites arriba do eixo horizontal son de movemento directo, e os satélites por debaixo do eixo son retrógrados. Os segmentos amarelos esténdense dende o pericentro ó apocentro, amosando a excentricidade, fágase notar a acusadisima excentricidade de Neso e Psámate.
Neso ten aproximadamente 60 km de diámetro, e asumindo unha densidade media de 1,5 g/cm3Physical parameters from JPL a súa masa foi estimada en 1,6 x 1017 kg.
Dados os parámetros orbitais tan semellantes que posúe esta lúa con relación á lúa e Psámate (S/2003 N 1), suxeriuse que estás dúas lúas podían ter unha orixe común a partir da división dunha lúa maior.ref name="SJ_Neptune2006"> S. Sheppard, D. Jewitt e J. Kleyna A Survey for "Normal" Irregular Satellites Around Neptune: Limits to Completeness, The Astronomical Journal, 132 (2006), pp. 171–176. Preprint.</ref>
Neso recibiu o nome dunha das Nereidas. Antes do anuncio do seu nome o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), Neso era coñecida coa designación provisional de S/2002 N 4.
1As distancias están máis en relación cás distancias dos planetas interiores co Sol que coas distancias das lúas comparadas cos seus planetas; un apocentro dun satélite superior ós 72 Gm (72 millóns de km) coma neste caso en comparación a Mercurio que ten un afelio de ~70 Gm!
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Neptuno
Ligazóns externas Efemérides da UAI Principais parámetros orbitais dos satélites do Sistema Solar no JPL Matthew Holman's Neptune's page David Jewitt's pages Scott Sheppard's pages Neso in Fiction
Categoría:Lúas de Neptuno