miniatura|Vista do furacán Hortensia dende satélite, no centro do océano Atlántico. Hortensia foi o nome co que se designou unha tormenta tropical orixinada por mor dunha tormenta subtropical ao sueste das Bermudas, formada o 23 de setembro de 1984.
Traxectoria e características Despois de que acadase o grao de tormenta tropical, apenas pasaron unhas xornadas até que chegou a se converter nun furacán de categoría 1, é dicir, con ventos de máis de 118 km/h. O 30 de setembro o centro da tormenta tropical pasou preto das Bermudas e seguiu o seu camiño cara ao leste, cruzando o Atlántico.
O 2 de outubro, e xa preto da costa europea, o furacán perdeu intensidade e converteuse de novo nunha tormenta tropical. O Centro Nacional de Furacáns dos EUA abandonou ese día o seu seguimento, dándoo por finalizado sen ter provocado danos nin vítimashttp://www.nhc.noaa.gov/archive/storm_wallets/atlantic/atl1984-prelim/hortense/prelim01.gif, mais ese mesmo día combinouse cunha baixa extratropical e chegou á costa galega reforzado con ventos de máis de 150 km/h.
O 4 de outubro, xa en terras galegas, adquiriu a súa máxima intensidade, provocando ao seu paso 2 mortos (6 en total dentro e fóra de Galiza) e perdas materiais por máis de 60 millóns de euros da época (uns 221 millóns de euros de 2024).
A forza do Hortensia deixouse sentir no norte da Península Ibérica e mesmo en Franciahttp://www.ec.gc.ca/ouragans-hurricanes/default.asp?lang=en&n=9C3F01FB-1.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O ano que visitou Galicia o ciclón ‘Hortensia’, publicado en Gciencia.com o 2 de outubro de 2014.
Categoría:Furacáns Categoría:1984