miniatura|dereita|Facsímile do folio 13 do manuscrito do Llyfr Taliesin. O Llyfr Taliesin (Libro de Taliesin en galés) é un dos manuscritos galeses máis famosos. Está datado na primeira metade do século XIV (outros autores propoñen o ano 1275), aínda que se cre que a maioría dos seus poemas son moito máis antigos. O manuscrito está custodiado na Biblioteca Nacional de Gales de Aberystwyth coa sinatura Peniarth MS 2. Consérvase incompleto logo de que se perdesen algunhas follas, incluída a primeira.Haycock, Marged: Legendary Poems from the Book of Taliesin. CMCS. 2007. Aberystwyth. ISBN 978-0-9527478-9-5

O volume contén unha colección dalgúns dos máis antigos poemas en galés, moitos deles atribuídos ao poeta case mítico Taliesin, activo durante o século VI. Outros poemas reflicten un estilo particular, herdeiro tanto dos textos latinos como da tradición celta de Gales.Stephens, Meic (Ed.): The new companion to the literature of Wales. University of Wales Press. 1998. Cardiff. isbn= 0-7083-1383-3 Parece que un único amanuense compuxo o volume, probabelmente en Glamorgan, aproveitando outros textos e atribuíndo os poemas anónimos a Taliesin, que para entón representaba o paradigma do sabio profeta e mago.

No manuscrito recóllense tamén varios poemas galeses, entre os que destacan: Armes Prydein (A profecía de Bretaña), atribuído a un clérigo do sur de Gales desexoso de conseguir unha alianza co rei da futura Inglaterra levando o estandarte de san David. Este texto parece referirse á derrota no ano 937 dunha coalición contra o rei Aethelstan de Inglaterra na batalla de Brunanburh.Williams, Ifor: Armes Prydein o Lyfr Taliesin. Gyda Rhagymadrodd a Nodiadau. 1955 Traducido e anotado en inglés por Bromwich, R.: Armes Prydein: the Prophecy of Britain. Dublin Institute for Advanced Studies. 1972. Preiddeu Annwfn (O botín de Annwfn), que relata a travesía do Rei Artur e os seus guerreiros a través do mar cara a Caer Siddi (castelo das Fadas) para gañar diversos tesouros, como un caldeiro máxico Varias elexías a Urien, Owein, Cunedda e Dylan Eil Ton, heroes, guerreiros e gobernantes galeses.

Tamén inclúe algunhas das primeiras mencións en lingua vernácula ás fazañas de Hércules e Alexandre Magno.Haycock, Marged: Llyfr Taliesin. National Library of Wales Journal. XXV. 1988. pp. 357-386 O estilo dos poemas varía entre o profético, mitolóxico, relixioso e histórico.Torres Asensio, Gloria: Los orígenes de la literatura artúrica. Edicions Universitat Barcelona. 2003. Barcelona. isbn 848338387X. p. 330.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Parry, Thomas (1955), A History of Welsh literature. Translated by H. Idris Bell. Oxford: Clarendon Press.

Ligazóns externas Facsímile dixitalizado do manuscrito na Biblioteca Nacional de Gales. Tradución ao inglés, realizada por W.F. Skene no século XIX.

Categoría:Manuscritos Categoría:Literatura en lingua galesa Categoría:Materia de Bretaña Categoría:Libros do século XIV