A Confederación Empresarial de Ourense ou CEO é unha organización empresarial multisectorial, constituída no ano 1977 e que integra 80 asociacións empresariais que representan un total de 10.000 empresas da provincia de Ourense. Estrutura Este tipo de organización aglutina os intereses das asociacións e empresas que forman parte dela, actúa como representante perante os interlocutores sociais e presta, directa ou indirectamente, servizos para fomentar a competitividade do tecido empresarial da súa provincia.

Asemade, a CEO é membro a nivel nacional da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), e a nivel autonómico da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Véxase tamén Ligazóns externas Confederación Empresarial de Ourense - CEO

Categoría:Asociacións empresariais Categoría:Provincia de Ourense Categoría:Economía de Galicia sen imaxes