dereita|535x535px A Arxentina está dividida en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, que acolle a capital federal. Debido á súa estrutura federal, as provincias arxentinas conservan unha ampla autonomía retendo todas as competencias non delegadas á federación. Internamente subdivídense en departamentos, chamados partidos na Provincia de Buenos Aires e comunas na Cidade Autónoma de Buenos Aires. A nivel político, cada provincia conta cun sistema de goberno republicano, democrático e réxese por unha constitución de seu.
Historia Catorce das provincias son preexistentes ao estado nación arxentino, sendo herdeiras das demarcacións coloniais. As provincias orixinais son as seguintes, indícase entre parénteses o ano de unión:
Provincia de Buenos Aires (1820) Provincia de Catamarca (1821) Provincia de Córdoba (1820) Provincia de Corrientes (1814) Provincia de Entre Ríos (1814) Provincia de Jujuy (1836) Provincia de La Rioja (1820) Provincia de Mendoza (1820) Provincia de Salta (1836) Provincia de San Juan (1820) Provincia de San Luis (1820) Provincia de Santa Fe (1816) Provincia de Santiago del Estero (1820) Provincia de Tucumán (1825)
Con posterioridade á organización nacional da República Arxentina (1853-1860), varios territorios foron incorporados logo de campañas militares sobre os territorios indíxenas do norte (Gran Chaco) e do sur (Patagonia) do país. Estes foron organizados coa denominación de "territorio nacional" e estaban baixo a autoridade dun gobernador designado polo goberno federal. Estes territorios acabaron por ser convertidos en provincias entre mediados do século XX e 1990. As provincias que naceron de antigos territorios nacionais son os seguintes, indícase entre parénteses o ano da provincialización:miniatura|300px|Provincias da Arxentina. Os territorios en laranxa non están baixo soberanía arxentina efectiva: ou ben forman parte do Reino Unido (Illas do Atlántico Sur) ou trátase dun reclamo en suspenso (Antártida Arxentina)
Provincia do Chaco (1951) Provincia do Chubut (1955) Provincia de Formosa (1955) Provincia de Misiones (1953) Provincia de Neuquén (1955) Provincia da Pampa (1951) Provincia de Río Negro (1955) Provincia de Santa Cruz (1956) Provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur (1990)
A condición de Buenos Aires como capital da federación e da provincia provocou grandes tensións e problemas que condicionaron á construción do estado nacional arxentino. Finalmente, no 1880, o Presidente da Nación Arxentina, Nicolás Avellaneda, impuxo a federalización da cidade de Buenos Aires segregándoa da provincia homónima e converténdoa nun distrito federal. Dende entón, e ata 1996, a Buenos Aires funcionou como un municipio á fronte do cal estaba un intendente nomeado polo xefe do Estado da Arxentina coa aprobación do Senado federal. No 1996 mudou o sistema de goberno no marco da reforma constitucional do 1994, sendo partir dese ano a Cidade Autónoma de Buenos Aires con funcións equivalentes ás provinciais.
Listaxe de provincias Nº1 Provincia CPA Pob. (2008) Sup. (km²) Capital Bandeira1 Buenos Aires B 15.052.177 307.804 La Plataborder|45px2 Córdoba X 3.340.041 168.766 Córdobaborder|45px3 Santa Fe S 3.242.551 133.007 Santa Fe de la Vera Cruzborder|45px4 Mendoza M 1.729.660 150.839 Mendoza del Nuevo Valle de La Riojaborder|45px5 Tucumán T 1.995.384 22.524 San Miguel de Tucumán border|45px6 Entre Ríos E 1.255.787 78.781 Paranáborder|45px7 Salta A 1.224.022 154.775 Saltaborder|45px8 Misiones N 1.077.987 29.801 Posadasborder|45px9 Chaco H 1.052.185 99.633 Resistenciaborder|45px|Bandeira do Chaco10 Corrientes W 1.013.443 88.199 San Juan de Vera de las Siete Corrientesborder|45px11 Provincia de Santiago del Estero G 865.546 135.254 Santiago del Estero del Nuevo Maestrazgoborder|55px12 Jujuy Y 679.975 53.219 San Salvador de Velasco en el Valle de Jujuyborder|25px13 San Juan J 695.640 89.651 San Juan de la Fronteraborder|45px14 Río Negro R 597.476 203.013 Viedmaborder|45px15 Formosa P 539.883 72.066 Formosaborder|45px16 Neuquén Q 547.742 94.078 Neuquénborder|45px17 Chubut U 460.684 224.686 Rawsonborder|45px18 San Luis D 437.544 76.748 San Luis border|45px19 Catamarca K 388.416 99.818 San Fernando del Valle de Catamarca border|45px20 La Rioja F 341.207 89.680 La Rioja border|45px21 La Pampa L 333.550 143.440 Santa Rosa border|45px22 Santa Cruz Z 225.920 243.943 Río Gallegosborder|45px23 Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur V 126.212 1.002.352 Ushuaia border|45px
Cidade autónoma CPA Pob. (2010) Sup. (km²) Bandeira Buenos Aires 2.890.151 203 border|45px
Notas
Categoría:Provincias da Arxentina