Alberte I, nado en Bruxelas o 8 de abril de 1875 e finado en Marche-les-Dames o 17 de febreiro de 1934) foi o terceiro rei dos Belgas. Traxectoria Nado Albert Léopold Clément-Marie Meinrad, era o fillo máis novo do conde de Flandres e sucedeu o seu tío paterno, Leopoldo II, ao trono. O seu avó, Leopoldo I, foi o primeiro rei dos belgas. A súa tía, Carlota, a primeira princesa de Bélxica, foi tamén a emperatriz de México.
Coa morte do seu irmán, o príncipe Balduíno de Bélxica, en 1891, Alberte converteuse no terceiro na liña de sucesión ao trono. El foi herdeiro presunto do trono belga despois da morte do seu pai, en 1905.
En decembro de 1909, o rei Leopoldo II morreu, facendo de Alberte, aos trinta e catro anos de idade, o novo monarca.
Durante a primeira guerra mundial, Alberte I asumiu o mando do exército belga para defender o seu país da invasión alemán, resistindo até o Reino Unido e a Francia se prepararen para a primeira Batalla do Marne, en setembro de 1914.
"Eu goberno unha nación, e non unha estrada", dixo o rei en resposta aos alemáns, que desexaban mover os seus soldados a través de Bélxica. Levou o seu exército ao asedio de Anveres e á batalla de Yser.
Ao final da guerra, retornou ao seu territorio como comandante do Grupo Flandres, que consistía en divisións belgas, inglesas e francesas. Foi saudado en Bruxelas como un heroe nacional.
Premios e distincións Foi nomeado doutor honoris causa en Leis pola Universidade Católica de América en 1919.
Categoría:Reis de Bélxica Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América