A secretaría de Estado é unha denominación de distintos departamentos de alto nivel da administración pública dun goberno, que varían en forma, competencias e capacidades dependendo do país e da época de que esteamos a falar.

Nalgúns casos, como o da España actual, unha secretaría de estado é cada un dos departamentos en que se divide a Administración pública do Goberno e que dependen dun ministerio. Noutros países pode corresponderse cun ministerio. En España, durante os séculos XV-XVII, o cargo de secretario de estado correspondía ao actual presidente do Goberno. Nos Estados Unidos, a secretaría de estado corresponde co ministerio de asuntos exteriores. Na Igrexa Católica, o secretario de Estado preside, baixo o Papa, a Curia Romana, con funcións similares ás dun primeiro ministro e xefe da diplomacia.

Categoría:Administración Categoría:Política