O Territorio de Belfort (90) (en francés Territoire de Belfort) (en francés: Territoire de Belfort) é un departamento francés situado no leste do estado, no norte do Franco Condado.

Historia Trala guerra franco-prusiana, os prusianos obrigaron aos franceses a que, polo tratado de Frankfurt, lles cederan o territorio, entre outros, do Haut-Rhin, a maioría do cal se someteu ao tratado, agás unha pequena parte situada no suroeste: o territorio próximo á cidade de Belfort. Ademais de pola resistencia que opuxeron aos "invasores" do leste, o feito de que os seus habitantes coñeceran mellor o francés que o alemán supuxo que o territorio non se anexionara e ficara en dominio francés. Tras varios anos cun status especial, o Territorio de Belfort converteuse no nonaxésimo departamento francés en 1922.

Demografía

A principal cidade é Belfort, que, segundo o censo de 1999, tiña 50.417 habitantes no municipio, e 81.524 na aglomeración, a cal desborda os límites departamentais.

Ligazóns externas Ligazóns externas Historia, demografía e outros datos do Territorio de Belfort

Categoría:Departamentos de Borgoña-Franco Condado