Control é un filme inglés dirixido por Anton Corbijn no 2007, baseado na vida do cantante de Manchester Ian Curtis.

Elenco Sam Riley como Ian Curtis, a principal figura da película e vocalista de Joy Division. Samantha Morton como Deborah Curtis, muller de Ian Curtis, que casaron moi novos. O filme mesmo está baseado nas memorias de Deborah coa súa experiencia de Ian Curtis e Joy Division. Alexandra Maria Lara como Annik Honoré, unha xornalista belga e empregada da embaixada belga. Tivo un affaire con Ian Curtis despois dunha entre coa banda, exacerbando a tensión entre Ian e Deborah. Toby Kebbell como Rob Gretton, o manager da banda. Joe Anderson como Peter Hook, o baixo de Joy Division. Craig Parkinson como Tony Wilson, o propietario de Factory Records, selo que distribuíu a Joy Division. James Anthony Pearson como Bernard Sumner, o guitarrista e teclado da banda. Harry Treadaway como Stephen Morris, o batería de Joy Division. Andrew Sheridan como Terry Mason, o representante do grupo antes da chegada de Rob Gretton. Robert Shelly como Twinny, un roadie da banda. Matthew McNulty como Nick Jackson Ben Naylor como Martin Hannett, produtor e cofundador de Factory Records con Tony Wilson. John Cooper Clarke como el mesmo, un artista. No filme representa o seu poema "Evidently Chickentown" nunha recreación dun concerto dos 1970. Lotti Closs como Gillian Gilbert, moza de Stephen Morris e ocasionalmente guitarrista nos concertos de Joy Division. Nicola Harrison como Corinne Lewis, unha muller con epilepsia que Ian Curtis coñeceu no seu traballo, inspiroulle a canción "She's Lost Control". Herbert Grönemeyer, como médico.

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre suicidio