Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.
Traxectoria Influenciado polo ambiente familiar —era fillo de Pío Ramón Oxea (Allariz 1869-Ourense 1943), militante nacionalista e mestre da escola normal, e neto de Elixio Oxea quen presidira a Asociación Regionalista Gallega— Ben-Cho-Shey participou activamente moi novo nos movementos galeguistas como as Irmandades da Fala, sociedade na que aparece entre os membros fundadores en Ourense. Nesta época son habituais as colaboracións no xornal voceiro da organización A Nosa Terra, asinadas co pseudónimo Xan Fouciño e móvese dentro do círculo do Grupo Nós.
En 1920 foi destinado a Marrocos onde adoptou o pseudónimo de Ben-Cho-Shey para asinar as crónicas de Guerra do Rif que enviaba ao diario ourensán La Zarpa. Estes textos, posteriores ao Desastre de Annual de 1921, foron logo recompilados e publicados co título de Crónicas de Marruecos: tras la Rota de Annual.
En 1925 é mestre nacional por oposición, pois xa en 1915 acadara a reválida de mestre de ensino primario con premio extraordinario. Exerceu o seu labor no concello coruñés de Cariño e na parroquia ourensá de Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Para este último lugar elaborou un modélico estudo, porén a súa publicación demoraríase ata 1968.
A finais da década de 1920 viaxou por Francia e Bélxica cunha bolsa polas deputacións galegas para perfeccionar a súa formación pedagóxica. Alí comprobou de primeira man o emprego de novas metodoloxías e apreciou a realidade socio-lingüística daqueles países, o que o levará a reflexionar sobre a necesidade da presenza da lingua galega no ensino primario. 300px|miniatura|Ben-Cho-Shey, Risco e Otero Pedrayo no pazo Gaión en 1927.Fundación Penzol - X. F. (8/2/2020) "Peregrinar coa Xeración Nós en tempo real" La Voz de Galicia. En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Dous anos despois fórmase con Manuel Gómez Moreno en Arte e Arqueoloxía. Casou en 1931 con Isabel Algarra, de Linares, Provincia de Xaén. No ano 1931 é un dos membros fundadores do Partido Nazonalista Republicán de Ourense. En 1935 ingresou por oposición na Inspección do Ensino Primario. É destinado a Lugo onde vai presidir o Partido Galeguista. miniatura|Cargos contra José Ramón Fernández. Primero: es galleguista… Pola súa traxectoria galeguista ao comezo da guerra civil as novas autoridades suspendérono nas súas funcións en 1937, e foi desterrado a Cáceres. En 1951 pediu traslado a Toledo e viviu en Madrid. Desde alí impulsou numerosas iniciativas culturais a prol de Galicia. Participou activamente no Centro Galego daquela cidade, mesmo impartindo conferencias en lingua galega, actitude insólita naquel tempo. Así, en novembro de 1952, disertou sobre a vida e obra do polígrafo ourensán Arturo Vázquez Núñez no centenario do seu nacemento. A súa presenza en Madrid foi un soporte fundamental para o galeguismo da emigración e grupos literarios como o Brais Pinto ou, máis tarde, no Club de Amigos da Unesco.
A Real Academia Galega nomeouno membro correspondente en 1943.Membros da Academia. Correspondentes Real Academia Galega. Foi correspondente, tamén, da Real Academia da Historia, do Instituto de Coímbra e da Sociedade de Geografia de Lisboa. Xubilouse en 1966. En 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.Membro de honra. 1981 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Humorista e literato, é moi coñecido pola maior recolleita feita nunca sobre o barallete, a fala dos afiadores, e máis polo seu epitafio, localizado no cemiterio de San Francisco, en Ourense:
Obra En galego
Ensaio O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, 1930, con Xosé Filgueira Valverde., Xabier. Os libros de Ánxel Casal 6/5/2015. Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo, 1952, Editorial Monterrey. Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935), 1968, Castrelos.Prólogo de López Cuevillas e deseños de Risco, Xaquín Lorenzo e o autor. O barallete, 1969, Edicións Castrelos. Catón galego, 1969 (escrito na súa maior parte en 1936). Galicia no corazón, 1977, Ediciós do Castro (escolma de artigos).Galicia no corazón fragmentos. Escudos de Lugo, 1979, Edicións Celta. O entroido en Galicia, 1986, La Región. Diario de Lugo 1936 (2024). Deputación de Lugo. A coordinación e notas correron a cargo de Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Xosé Brais García Fernández e Iria Varela Fernández. 126 páxs. ISBN 978-84-8192-596-8.
Poesía Berzas, 1953, edición do autor. A ducia do frade, 1966, edición do autor.
Narrativa Andrómenas, 1954, Editorial Monterrey. Contos do fiadeiro, 1973, Castrelos.
Edicións Cancioneiro e refraneiro de Corme, 1951, Madrid. As cartas de Galicia de Prosper Henri-Devos, 1968, Galaxia.
En castelán Ensaio El cabo Ortegal en la Heráldica, 1969. Cuadernos de Estudios Gallegos (t. XXVI, p. 279). Crónicas de Marruecos: tras la rota de Annual, 1985. Sotelo Blanco. Escudos de Noya, 1972, con Manuel Fabeiro. Cuadernos de Estudios Gallegos.
Recoñecementos A súa figura foi recoñecida co Premio José Cornide do Centro Gallego de Buenos Aires (1960), unha homenaxe no Ateneo de Ourense (1977). o premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza (1978) e a Medalla Castelao (1986).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Galeguismo (política) I Asemblea Nacionalista Pelerinaxes I (libro). Depuración franquista do maxisterio
Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Bibliotecas de autor. Ben-Cho-Shey Biblioteca. Deputación de Ourense. Artigos de Ramón e Fernández-Oxea, Xosé no Boletín de la Real Academia Gallega. .
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Bibliófilos Categoría:Grupo Nós Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Humoristas de Galicia