miniatura|Cantigas de Esquio no Cancioneiro da Vaticana. Fernand' Esquio ou Fernand' Esqyo, escrito Fernando Esquío coa grafía moderna, foi un trobador galego de fins do século XIII e comezos do século XIV. Dá nome a un instituto de educación secundaria de Neda.

Traxectoria Nado no século XIII, en Neda ou en localidades achegadas, xa que o seu apelido era común nalgunhas vilas da actual comarca de Ferrol, é posible que pertencese a unha familia nobre, posto que había Esquíos ao servizo dos condes de Andrade e como priores do mosteiro de San Martiño de Xuvia. Estudosos como Ricardo Carballo Calero sosteñen que o seu apelido puido ser Esguío, como outros trobadores medievais que tiveron ou adoptaron o nome dun animal como apelido.

Puido ter vinculacións coas cidades de Lugo e Santiago de Compostela, pois ambas cidades aparecen nalgunha das súas obras.

No súa localidade natal, Neda, hai un instituto público que leva o seu nome, o IES Fernando Esquío.

Obra Consérvanse nove cantigas súas, que se dividen en catro de amigo, tres de escarnio e dúas de amor.

Notas

Véxase tamén Bibliografía , Xosé María: "FERNAND' ESQUIO". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Outros artigos Cancioneiro da Biblioteca Vaticana

Ligazóns externas Ficha na Xacopedia

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia