Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.
Traxectoria Fixo e rematou os estudos de Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela en 1965, e de Filoloxía Clásica en Roma en 1969. Foi membro do grupo Os irmandiños, un grupo de cregos e seminaristas que apostaban pola galeguización da igrexa. Colaborou na tradución ó galego do Novo Testamento (en 1978) e da Biblia (en 1989), obra colectiva que recibiu o Premio Nacional de Tradución en 1990.
En 1994 foi galardoado coa Medalla Castelao. O 17 de xuño de 1995 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega, por proposta de Constantino García González, Carlos Casares Mouriño e Andrés Torres Queiruga, e ingresou o 4 de maio de 1996. O seu discurso de ingreso versou sobre a fraseoloxía: Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre, e foi respondido por Carlos Casares.
Desde o ano 1994 e ata o 2014 dirixiu o proxecto de Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que edita periodicamente os Cadernos de Fraseoloxía Galega, que xa van polo número 22 (2022) Os 22 números publicados e mais os anexos son accesibles de forma libre no servidor do CRPIH ..
No ano 2004 formou parte da Comisión técnica que organizou e redactou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
No 2008 recibiu o Premio Lois Peña Novo.
Do 2007 ao 2011 dirixiu e presentou na Televisión de Galicia 470 programas de Ben falado!, microespazo de cinco minutos de duración dedicado á lingua galega.
Foi colaborador no Dicionario da Real Academia Galega e na revista Irimia.
Obra miniatura|175px|Refraneiro galego básico, BBdCG. Dido e Eneas. Xénese, nacemento e vida de dous personaxes polémicos da Eneida, en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, 1983. Refraneiro galego básico, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1987. A Igrexa e a lingua galega, 1988, Consello da Cultura Galega. Latín de onte a hoxe, Xerais, 1989 (en colaboración). Lingua galega e relixión, en Grial 107, 1990, 335-357. A miña oportunidade, Contos do Castromil nº 7, 1992. Os papiros do Medulio, Contos do Castromil nº 28, 1992.
Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 1995 (en colaboración) Notas para unha bibliografía paremiolóxica galega, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 35-58 (en colaboración). Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958), en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 173-343 (en colaboración). Explicitación e implicitación fraseolóxica. Notas galegas, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 6, 2004, 57-80. Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 8, 2006, 179-264. Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, 2010. O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010, ISBN 978-84-453-4948-9 (en colaboración con Pedro Benavente Jareño)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Ligazóns externas Servidor que alberga os Cadernos de Fraseoloxía O programa Ben falado na web Benfalado.gal, de Xesús Ferro Ruibal
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Fraseoloxía Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Tradutores do latín Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Moraña Categoría:Nados en 1944 Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria