miniatura|Retrato de Íñigo López de Mendoza, Marqués de Santillana, pintado por Jorge Inglés. Fragmento do Retablo dos Gozos de Santa María. Jorge Inglés foi un pintor do século XV, nado en Inglaterra ou en Flandres, que chegou a Castela desde Flandres para decorar a Catedral Vella de Salamanca e foi o introdutor do gótico flamengo na zona.

Traxectoria Hai poucos datos sobre a súa biografía e se ignora a data de nacemento e a de defunción. O seu apelido semella que era de orixe inglesa, mais tamén se pensou na flamenga. A única data certa e coñecida, referida a el, é o 5 de xuño de 1455, cando Íñigo López de Mendoza, Marqués de Santillana, deixou no seu testamento unha manda ao Hospital de Buitrago, na que ordenaba que se instalase na súa capela o «retablo dos Anxos, que mandei facer ao mestre Jorge Inglés, pintor...».

Obras

Retablo da Virxe de Villasandino (Burgos) Retablo de san Xerome, no desaparecido Mosteiro de La Mejorada, de Olmedo (no Museo Provincial de Valladolid) Retablo dos Gozos de Santa María, da igrexa do Hospital de Buitrago, no que aparecen os retratos do marqués de Santillana e a súa muller como doantes (pertence á colección do duque do Infantado e, dende 2012, se expón entre os fondos do Museo do Prado.

miniatura|Retablo de San Jerónimo procedente do mosteiro da Mellorada (Olmedo). Pintura sobre táboa. Consérvase no Museo Nacional Colexio de San Gregorio.Tamén se lle atribúen un feixe de miniaturas de determinados códices da biblioteca do Marqués.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Jorge Inglés, pintor de los Mendoza

Categoría:Pintores do Gótico Categoría:Pintores de España Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido