Filipa de Lancaster, nada en Leicester en 1359 e finada en Lisboa o 19 de xullo de 1415, foi unha princesa inglesa da casa dos Plantaxenetas, filla de Xoán de Gante, 1.º Duque de Lancaster coa súa esposa Branca de Lancaster
Traxectoria Deveu raíña consorte de Portugal a través do matrimonio co rei Xoán I, celebrado en 1387 na cidade do Porto. Este matrimonio foi acordado no marco da Alianza Luso-Inglesa, contra o eixo Francia-Castela. Foille atribuída a distinción inglesa da Orde da Xarreteira.
As raíñas de Portugal contaron, dende moi cedo, os rendementos de bens, adquiridos na súa gran maioría por doazón. D. Filipa de Lancaster recibiu as rendas da alfándega de Lisboa, así como as vilas de Ourense, Sintra, Óbidos, Alvaiázere, Torres Novas e Torres Vedras.
Foi unha raíña xenerosa e amada polo pobo. Os seus fillos que chegaron á idade adulta serían lembrados como a ínclita xeración, de príncipes cultos e respectados en toda Europa.
Filipa morreu de peste negra nos arredores de Lisboa, poucos días antes da partida para a expedición a Ceuta, segundo uns, tería sido no convento de Odivelas, segundo outros, no convento de Sacavém. Está sepultada na capela do fundador do Mosteiro de Santa María da Vitoria, na Batalha, ao carón do seu esposo.
Descendencia Do seu casamento con Xoán, Mestre de Avis, naceron nove fillos. Destes, os seis que chegaron á idade adulta serían lembrados como a ínclita xeración:
Branca de Portugal (1388-1389), morreu nova Afonso de Portugal (1390-1400), morreu novo Duarte de Portugal (1391-1438), sucesor do seu pai no trono portugués, poeta e escritor Pedro, duque de Coímbra (1392-1449), foi un dos príncipes máis esclarecidos do seu tempo. Foi rexente durante a minoría do seu sobriño, o futuro rei D. Afonso V e morreu na batalla de Alfarrobeira Henrique, duque de Viseu, O Navegador (1394-1460), investiu a súa fortuna en investigación relacionada coa navegación, náutica e cartografía Isabel (1397-1471) casou con Filipe III, duque de Borgoña e entreteve unha corte refinada e erudita nas súas terras Branca de Portugal (1398), morreu nova Xoán, Infante de Portugal (1400-1442), condestábel de Portugal e avó de Isabel de Castela Fernando, o Infante Santo (1402-1433), morreu no cativerio en Fez
Véxase tamén Bibliografía Filipa de Lencastre - A Rainha que Mudou Portugal. Isabel Stilwell, A Esfera dos Livros, 2007 (ISBN 978-989-626-059-0)
Categoría:Dinastía de Avis Categoría:Cabaleiros da Orde da Xarreteira Categoría:Nados en 1359 Categoría:Finados en 1415 Categoría:Nados en Leicester