Xosé Lois García Fernández, máis coñecido como Xosé Lois García, nado en Lugo o 22 de abril de 1945, é un escritor galego.

Traxectoria Aínda que naceu en Lugo, criouse en Merlán (Chantada). (1992): Diccionario de escritores en lingua galega. Ed. do Castro, 2ª edición. Páx. 169. Con vinte anos pasou a vivir a Barcelona, onde traballou de obreiro da metalurxia na SEAT e estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia). Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio HIstórico de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.

Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Crítico de arte e literatura, conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó e Historia y Vida e nos xornais: Avui e Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!, Anto e Saudade, Colóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra e Sermos Galiza.

Especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra a compoñen mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores. Ten escrito numerosos prólogos sobre autores de poesía. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos e en 2024 foi nomeado por unanimidade membro correspondente da Academia Angolana de Letras. miniatura|Homenaxe-Simposio en Chantada o 6 de setembro de 2025 O 6 de setembro de 2025 con moitovo dos seus 80 anos celebrouse en Chantada o simposio Xosé Lois García. 80 anos de cultura e vida. Editouse un volume co mesmo título e a colaboración de moitos persoeiros da cultura galega e do mundo lusófono.

Obra Poesía Cancioneiro de Pero Bernal (1972). Ed. Frouseira. Crea o xograr Pero Bernal, mestura de Pero da Ponte e Benal de Bonaval. Abrilsonetos (1974). Borralleira pra sementar unha verba (1974). Lugo: Xistral. Col. Val de Lemos, nº 11. Non teño outra cantiga (1975). Barcelona: edición do autor. Do Faro ao Miño (1978). Sada: Ediciós do Castro. 95 páxs. ISBN 84-7492-001-9. Aquarium (1982). Sada: Ediciós do Castro. 79 páxs. Materia Corporal (1986). Revista Coordenadas, Monografías Universitarias. Tempo precario (1972-1987) (1988). Sada: Ediciós do Castro. 234 páxs. ISBN 978-84-7492-377-3. Paixón e rito (1993). Sons Galiza. 85 páxs. ISBN 84-88007-04-3. Círculo de luz e xisto (1994). A Coruña: Espiral Maior. 62 páxs. ISBN 9788488137180. Rosto incompleto (1996). A Coruña: Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 9788488137746. Falo de Baco (1998). Frouseira. 62 páxs. Sambizanga (1999). Frouseira. 93 páxs. Kalendas (2005). Vigo: Xerais. 408 páxs. ISBN 9788497823371. É un único e enorme poema que narra a existencia do seu creador dende o 26 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2003. Do Faro ao Miño 2 (2005). Ed. Frouseira. Patrocinado pola asociación Xohán de Requeixo. No imo do tempo (2007). Noia: Toxosoutos. 150 páxs. ISBN 9788496673243. Pórticos do gozo (poemas a Pantón) (2008). Noia: Toxosoutos. 144 páxs. ISBN 978-84-96673-49-6. Concello de Pantón, 2018, ISBN 9788409022335. Poemas pornofálicos (2009). Noia: Toxosoutos. 126 páxs. ISBN 9788492792047. Petroglifia (poemas a Sober) (2010). Noia: Toxosoutos. 127 páxs. ISBN 978-84-92792-62-7. Poemas dedicados a lugares e á Historia de Sober, con fotografías dos petróglifos de Sober de Xulio Gil. Por ninguén aloumiñada. Poesía completa 1972-2005 (2011). Noia: Toxosoutos. 415 páxs. ISBN 978-84-92792-93-1. No sangue dos bardos. Poesía completa 2005-2009 (2011). Noia: Toxosoutos. 320 páxs. ISBN 9788492792948. Tedempo (2012). Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos. Deseños de Héitor Picallo. Poemas sobre as orixes familiares. Remitencias (2013). Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos. 218 páxs. ISBN 9788493219994. Prólogo de Xesús Alonso Montero. No soño dos ollos (2017). Silleda: Fervenza. 95 páxs. ISBN 978-84-17094-17-1. O mar vai en nós (haikais) (2022). 20 poemas sobre o Prestige. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño. Cancioneiro profano (2023). Silleda: Fervenza. 102 páxs. ISBN 978-84-19840-06-6. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño. Referentias (2025). Santiago: Laiovento. 216 páxs. ISBN 978-84-8487-735-6.

Ensaio Castelao, Otero Pedrayo, Suárez Picallo, Villar Ponte. Discursos Parlamentarios (1931-1933) (1978). Sada: Ediciós do Castro. 407 páxs. ISBN 84-85134-91-5. Castelao i Catalunya (1979). Lugo: Alvarellos. Ed. bilingüe. ISBN 978-8485311293. Nacionalidades colonizadas da Europa Occidental (1980). Santiago: Follas Novas. 175 páxs. ISBN 84-85385-14-4. Castelao dende Catalunya (1988). Sada: Ediciós do Castro. 130 páxs. ISBN 9788474923605. Lectura e itinerario posíbel pola Terra Chá de Manuel María (1994). Deputación de Lugo. 66 páxs. ISBN 84-8192-030-2. Simboloxía do románico de Pantón (1999). A Coruña: Editorial Compostela. ISBN 978-84-616-8629-2. Reeditado en 2014. Os trobadores das terras de Chantada (2001). Sada: Ediciós do Castro. 66 páxs. ISBN 84-8485-025-0. Simboloxía do románico de Sober (2008). Xunta de Galicia. 156 páxs. ISBN 978-84-453-4654-9. Prólogo de Felipe Arias. Simboloxía do románico de Chantada (2010). Deputación de Lugo. 226 paxs. ISBN 978-84-8192-444-2. Uxío Novoneyra, home e terra (2010). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-35-1. Uxío Novoneyra revisitado (2010). Vigo: Xerais. 320 páxs. ISBN 9788499141053. Polas diversas xeografías da Lusofonía (2013). Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos. 866 páxs. ISBN 978-84-932199-7-0. Prólogo de David Otero. Manuel María reencontrado (2015). Noia: Toxosoutos. 350 páxs. ISBN 978-84-944314-2-5. Alefato (2021). Noia: Toxosoutos. 104 páxs. ISBN 978-84-123409-1-4. Achegas á simboloxía do románico da Ulloa (2022). Instituto de Estudos Ulloáns-Área de Turismo da Deputación de Lugo. Simboloxía do románico de Taboada (2024). Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-605-7.

Narrativa Xente de inverno: contos (1995). Sada: Ediciós do Castro. 104 páxs. ISBN 978-8474927528.

Teatro A proclama (1996). Cadernos de Teatro. Elsinor. A cerna (2013). Fundación Cultural da Estrada. ISBN 978-84-695-8828-4. Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo (2016). Agrasar Editores. ISBN 9788445341766. O proceso a Lucía Fidalgo (2017). Silleda: Fervenza ed. Ilustracións de Juan José Lomarti. 96 páxs. ISBN 978-84-17094-11-9. Auto do demo e da viñateira (2017). Silleda: Fervenza ed. Ilustracións de Juan José Lomarti. 16 páxs. ISBN 978-84-17094-14-0. Teatro completo (1996-2019) (2019). Ed. de Autor. ISBN 978-84-09-14183-8. Estudo preliminar de Elza Hauresku. Unha cunca de caldo quente (2022). Silleda: Fervenza ed. 96 páxs. ISBN 978-84-18136-84-9. Ilustracións de Juan José Lomarti.

Edicións Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco. Rosalírica: (homenaxe de 27 poetas portugueses a Rosalía no centenario de súa morte) (1985). Ediciós do Castro. Cantares d'amor e d'amigo, de Carles Riba (1990). Ediciós do Castro. Nova Galiza (1990). Ediciós do Castro. Edición facsimilar. Nacionalismo e Cultura, de Amílcar Cabral (1999). Laiovento. Cadernos poéticos dun emigrante galego en Cuba, de Domingo Campio Devesa Naveiro (2004). Ediciós do Castro. Antoloxía dos poetas galegos en Cuba (2008). Toxosoutos. Antoloxía poética da Escola Labrega luguesa. De Leiras Pulpeiro a Uxío Novoneyra (2013) Fundación Uxío Novoneyra.

Literatura infanto-xuvenil A figueira lingoreteira (1996). Ediciós do Castro. ISBN 978-8474928204. Poesía. A mulemba que fala (2006). Everest Galicia. 48 páxs. ISBN 9788440305374. Ilustracións de Suso Cubeiro. Narrativa. A feira do cinco (2009). Silleda: Fervenza. 18 páxs. ISBN 978-84-96368-96-5. Ilustracións de Manuel Fragoso. Teatro. A idade do orballo (2009). Everest Galicia. 64 páxs. ISBN 9788440311214. Ilustracións de Manolo Uhía. Narrativa. O reloxo de Merexildo (2009). Silleda: Fervenza. 18 páxs. ISBN 978-84-96368-97-2. Ilustracións de Manuel Fragoso. Teatro. Labyrinthus (2010). Everest Galicia. Narrativa. 104 páxs. ISBN 9788440311610. Mirafentos (2010). Silleda: Fervenza. ISBN 978-84-96368-90-3. Teatro. Do A ao Z con Manuel María (2016). Santiago: Urco. 64 páxs. ISBN 978-84-15699-88-0. Ensaio.

Traducións Tao Te King, de Lao Tse (2006). Toxosoutos. Poesía anónima africana (2007). Toxosoutos.

Obras colectivas Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Ediciós do Castro. Alén do azul (unha ducia de poetas galegos en Catalunya) (1999) Ediciós do Castro. Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán (2003). Edicións do Cumio. Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003). Erato bajo la piel del deseo (2010). Sial Ediciones. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón. Os aforismos do riso futurista (2016). Xerais. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza.

Obra en portugués

Poesía Os indícios do sol (1988). Braga: Oficinas de Trabalho Protegido da APPACDM.

Labirinto incendiado (1989). Amarante: Edições do Tâmega. 56 páxs. O som das águas lentas (1999). Campo das Letras. Dedicado aos azulexos da estación ferroviaria de Caminha.

Edicións Floriram cravos vermelhos: antología poética da expressão portuguesa em África e Ásia (1993). Espiral Maior.

Homenagem a Angola no XXV aniversário da súa independência nacional (1975-2000) (2001). Ediciós do Castro.

Obra en catalán

Poesía Cruïlles de Sant Andreu de la Barca (2006). Edición en liña. Teatro Desguiament de guiats (2014). Ajuntament Sant Andreu de la Barca. Traducións El problema de les nacionalitats ibèriques (antologia de "Sempre en Galicia"), de Castelao (1983). Edicions 62.

Ensaio Tot descobrint Sant Andreu de la Barca (1999)

Imatges i records de Sant Andreu de la Barca (1999) Efemèrides històriques de Sant Andreu de la Barca (2000) Recull enciclopèdic de Sant Andreu de la Barca (2001) La Societat El Casino de Sant Andreu de la Barca (2002) La pagesia a Sant Andreu de la Barca (2004) Els alcaldes de Sant Andreu de la Barca del segle XX (2005) L'alcalde Joan Falguera i Estapé. Vida i obra (2005) Guia del patrimoni arquitectònic de Sant Andreu de la Barca (2006) Constitució del Consell de Jurats de Sant Andreu de la Barca (1594) (2006) L'ahir i l’avui de Sant Andreu de la Barca (2007) L'emigració de Sant Andreu de la Barca a Xile (2008) La nostre gent (Sant Andreu de la Barca) (2009) Cròniques de Sant Andreu de la Barca (2012)

Obra en castelán Traducións Poemas a la madre Africa (antología de la poesía angolana del siglo XX) (1992). Ediciós do Castro. Antologia da poesia brasileira = antología de la poesía brasileña (2001). Laiovento.

Premios 1992: Creación Literaria do Ministerio de Cultura. 2008: Pedrón de Honra. 2009: Fillo Adoptivo e Cronista de Sant Andreu de la Barca II Premio de teatro MOME Varela Buxán en 2012, por A cerna.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Xosé Lois García: Coloquio homenaxe. Chantada, 13 e 14 de agosto de 2005, 2006, Ajuntament de Sant Andreu de la Barca, Barcelona.