Henri Beyle, coñecido como Stendhal, nado en Grenoble o 23 de xaneiro de 1783 e finado en París o 23 de marzo de 1842, foi un escritor francés do século XIX.

Traxectoria Valorado pola súa aguda análise de caracteres e a concisión do seu estilo, é considerado un dos literatos máis importantes e máis temperáns do Realismo.

É coñecido sobre todo polas súas novelas Vermello e negroIncluído na Biblioteca Galega de Clásicos Universais. (Le Rouge et le Noir, 1830), e A cartuxa de ParmaTraducido por Germán Palacios Rico e publicado por Galaxia en 1995. (La Chartreuse de Parme, 1839).

Henri Beyle empregou diferentes pseudónimos para asinar os seus escritos, sendo Stendhal o máis coñecido deles. Existen dúas hipóteses plausibles sobre a orixe do pseudónimo:Michel Crouzet: Stendhal et l'italianité. Editions José Corti, 1982.Jefferson, Ann. Reading Realism in Stendhal (Cambridge Studies in French). Cambridge, UK: Cambridge University Press, 1988. a máis aceptada é que tomase o pseudónimo da cidade alemá de Stendal, lugar de nacemento de Johann Joachim Winckelmann, fundador da arqueoloxía moderna a quen admiraba. Unha segunda hipótese é que o pseudónimo sexa un anagrama de Shetland, unhas illas que Stendhal coñeceu e que lle deixaron unha profunda impresión.

Obra

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Síndrome de Stendhal Premio Stendhal de tradución

Ligazóns externas Sitio sobre Stendhal Sitio sobre Stendhal ( Exposición sobre Henri Beyle Biografía e citas de Stendhal Lápida que lle dedicou a cidade de Milán Obras de Stendhal: textos, concordancias e listas de frecuencia

Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa