miniatura|dereita|230px|Procesión en Santiago de Compostela o Martes Santo.

O Martes Santo é o terceiro dos días da Semana Santa, cuxo comezo ten lugar o Domingo de Ramos, e que conforme se vai achegando os días dos principais cultos (Xoves e Venres Santo) segue a súa reflexión acerca de diversas pasaxes da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret.

Liturxia No Evanxeo do Martes Santo, Xesús anticipa aos seus discípulos a traizón de Xudas e as negacións de San Pedro. O texto é de San Xoán:

Celebracións En Ferrol son dúas procesións as que percorren as rúas o Martes Santo. A Confraría da Soidade sae coa procesión do Cristo da Boa Morte polo barrio do Ferrol Vello. No barrio da Madalena, á noitiña, pódese contemplar a procesión de Xesús Atado á Columna, o Cristo do Socorro e a Santísima Virxe da Esperanza. En Viveiro procesiona o Viacrucis Procesional de mulleres, no que as mulleres realizan as catorce estacións de penitencia. O día seguinte ten lugar o de homes.

Véxase tamén

Categoría:Semana Santa