O bosníaco (en alfabeto latino: bosanski, en alfabeto cirílico: босански) ou bosnio é unha variante do antes chamado serbocroata. Baséase na variante occidental do dialecto štokavian e usa tanto o alfabeto latino como o alfabeto cirílico. Actualmente considérase unha lingua diferenciada do serbio, do montenegrino e do croata, formando un continuo dialectal. Fálano gran parte dos habitantes de Bosnia e Hercegovina. Tras a independencia do país decidiuse substituír o serbocroata como lingua oficial, cambiándoo polo serbio, o croata e o bosníaco, que son tres variedades do mencionado serbocroata.

Nome do idioma O nome da lingua é controvertido. Os croatas e serbios de Bosnia e Hercegovina chámano croata e serbio respectivamente. A Constitución da República Srpska, onde este idioma é tamén lingua oficial, refírese ao idioma como "Lingua falada polos bosníacos" ("Jezik kojim govore Bošnjaci"), do mesmo xeito que o fai o goberno de Serbia. O nome de lingua bosníaca é o máis comunmente aceptado entre os lingüistas bosníacos, ademais de ser usado no estándar ISO 639.

Recoñecemento Oficial O Tratado de Dayton, recoñece ao bosníaco como unha lingua diferenciada falada en Bosnia e Hercegovina polos bosníacos e figura como tal na constitución dese país.

Historia A moderna lingua bosníaca usa o alfabeto latino, aínda que os escritos máis antigos utilizaban un tipo de cirílico bosníaco denominado bosančica dende o séculos X ou XI. O documento máis antigo das linguas Bosníaca, Croata e Serbia é a táboa Humac, que está escrita nesta tipografía. A carta bosníaca foi escrita en cirílico en 1189 polo dirixente bosníaco Kulin Ban. O 3 de xullo de 1436 na rexión de Kotor, un duque mercou unha moza dicindo: Muller bosníaca, herética e de lingua bosníaca chamada Djevena. O primeiro dicionario bosníaco data de 1631.

Gramática A súa base fundamental é a variante occidental do dialecto štokavo.

Estandarización A pesar de que os bosníacos falaban unha lingua moito máis homoxénea que os croatas ou os serbios, o idioma bosníaco non logrou estandarizarse no século XIX.

Vogais O vogalismo da lingua bosníaca baséase en cinco vogais.

Escritura latina Escritura Cirílica IPA i и e е a а o о u у

A letra "R" pode representar tanto unha vogal como unha consoante. É considerada unha vogal cando está rodeada por dúas consoantes, como en brzo (rápido).

Consonantismo O sistema consonántico do bosníaco ten como características unhas series de consoantes africadas e palatais, non presentando aspiración. Nos bloques de consoantes denominados "clústers" (que son grupos de consoantes sen vogais), todas son sonoras ou xordas. A regra non se aplica ás aproximantes, que poden ser sonoras ou xordas ou para palabras estranxeiras, como Washington (VašinGton/ВашинГтон), nomes propios ou cando as consoantes non forman parte dunha mesma sílaba. As R poden ser silábica, realizando unha función de vogal en certas palabras e mesmo ser acentuada, como en serbio, croata, macedonio, esloveno, checo e eslovaco.Raramente pode ser silábica, por exemplo, no nome do río "Vltava", a 'l' é silábica, igual que os grupos lj, m, n e nj en xerga.

Grafía latina Grafía cirílica IPA vibrantes r р aproximantes v в j ј laterais l л lj љ nasais m м n н nj њ fricativas f ф s с z з š ш ž ж h х africadas c ц dž џ č ч đ ђ ć ћ explosivas b б p п d д t т g г k к

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en bosníaco Lingua serbocroata Lingua croata Lingua serbia

Ligazóns externas Páxina de Ethnologue para a lingua bosníaca Páxina sobre a lingua bosníaca Curso de Bosníaco The Oslo Corpus of Bosnian Texts

Categoría:Lingua bosníaca Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas de Albania Categoría:Linguas de Bosnia e Hercegovina Categoría:Linguas de Croacia Categoría:Linguas de Kosovo Categoría:Linguas de Montenegro Categoría:Linguas de Serbia Categoría:Linguas de Turquía