miniatura|200px|O Carro Solar de Trundholm representa unha parte importante da mitoloxía nórdica Un deus solar representa o Sol ou aspectos deste, como por exemplo as raiolas. Na mitoloxía de moitas culturas o Sol era un deus; foi venerado ao longo da Historia en moitas civilizacións, como a exipcia, a incaica, a chinesa, a grega ou en relixións como a hinduísta. Considérase que o culto ao Sol puido ser a orixe do henoteísmo e, despois, do monoteísmo.

Barca solar miniatura|Ra na súa barca solar Unha barca solar ou bote solar é unha representación mitolóxica do sol conducindo unha barca.

No Neolítico os petróglifos amosan, nalgúns casos, posibles barcas solares. Os petróglifos nórdicos da idade de bronce inclúen barcas en diferentes constelacións. O barco de Khufu (Queops) de 43,6 metros de longo, foi atopado no complexo da Gran Pirámide de Gizeh e calcúlase que foi construído cara ao 2500 a. C., exemplo da importancia e simbolismo da barca solar para o paso ao outro mundo. Moitos deuses exipcios son considerados deuses solares, como Ra e Horus, que son mostrados conducindo unha barca solar. O Disco celeste de Nebra tamén podería mostrar unha barca solar.

Carro solar O carro solar é outra representación mitolóxica, como a barca solar, pero algo máis recente xa que se estima que a súa orixe corresponde á expansión indo-europea, despois da invención do carro, no segundo milenio adC.

O Carro Solar de Trundholm, dun deus nórdico. En Grecia, Helios conduce un carroHelios, theoi.com e tamén Faetón.Helios & Phaethon, thanasis.com O Sol Invictus foi representado nun cuadriga no reverso dunha moeda de Romana.Moeda Elías, ascende ao ceo nun carro de lumeBiblia, Reyes 2:1-17 Surya é un deus védico que representa ao Sol no panteón hindú e é mostrado conducindo un carro con sete cabalos.

Deuses solares por Culturas Exipto miniatura|dereita|Estatua de Hator, no museo de Luxor, portando o disco solar.

En Exipto, o culto ao Sol prevaleceu durante séculos e asociouse o seu poder a moitos deuses, como Horus, Ra, Uadyet, Sejmet, Hator, Nut, Bast, Bat, e Menhit. A partir da quinta dinastía os deuses locais fúndense con Ra para crear divindades sincréticas: Atum-Ra, Min-Ra ou Amón-Ra.

Durante a dinastía XVIII, o faraón Akenatón cambiou, temporalmente, o politeísmo que se practicaba en Exipto, proclamando un monoteísmo ao redor de Atón, representado polo disco solar, posiblemente para contrarrestar a grande influencia de clero de Amón.

Outras culturas Na antiga Grecia considerábase que era o deus Helios. No panteón relixioso mexica, o Sol era considerado unha deidade moi importante e debido ás súas crenzas, adoitábanse facer sacrificios humanos, para entregar o seu "sopro divino" ao sol Tonatiuh e mantelo vivo. A cultura inca, asentada no que hoxe é o Perú, Bolivia, parte de Chile, Arxentina e Ecuador tiña como deidade ao Deus Sol chamado Inti. O Inca ou emperador, era considerado fillo de Inti. Considerado polas dinastías incaicas como o Sumo Facedor. Coa chegada dos españois, e a relixión católica no século XVI, os súbditos do Imperio Inca deixaron de adoralo. A esposa de Inti, Quilla, era a Lúa, deusa da muller e dos quefaceres femininos. A cultura azteca, asentada o o actual México tiña dous deuses soles. Un era o Sol Vermello, ou Tetzcalipoca Vermello e tamén estaba o Sol Branco. No Perú, chamáballos Deus do Sol aos xefes dos Incas que, segundo eles, eran o Sol e dise na lenda de Manco Cápac e Mama Ocllo que eles foron enviados polo seu pai o Sol. Na simboloxía cristiá identifícase a Cristo con Helios e ao círculo coa eternidade. O Sol e a Lúa simbolizan o ouro e a prata, rei e raíña, alma e corpo. O Sol e a Lúa na crucifixión simbolizan as dúas naturezas de Cristo. O Sol é a morada do arcanxo Miguel. A lúa é a morada do arcanxo Gabriel. O Sol é o Pai Universal. A Terra simboliza a Nai Natureza e a fecundidade.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Helios Ra Stonehenge Amaterasu