miniatura|dereita|Khalid bin Abdul Aziz

Khalid bin Abdul Aziz (en árabe خالد بن عبد العزيز) tamén chamado Khaled ibn Abd Al-Aziz, nado o 13 de febreiro de 1913 e finado o 13 de xuño de 1982, foi o cuarto rei de Arabia Saudita.

Traxectoria Foi designado príncipe herdeiro en 1965, despois de que o seu irmán Muhammad bin Abdul Aziz rexeitase o seu posto sucesorio. Subiu ó trono en 1975 tralo asasinato do seu medio-irmán Faysal bin Abdelaziz Al Saud. Nunca estivo demasiado interesado na política e o poder sobre o pais ostentouno de facto o seu medio-irmán Fahd. Home relativamente despreocupado e piadoso, coma moitos membros da Casa de Saud, morreu dun ataque ó corazón o 13 de xuño de 1982. Foi sucedido por Fahd.

Notábeis logros do seu reinado foron a elaboración do segundo "Plan Quinquenal" da historia de Arabia Saudita, que impulsou a mellora das infraestruturas e o sistema sanitario saudita. Tamén convocou moitos cumios internacionais e inaugurou o Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo en 1981.

O Aeroporto Internacional Rei Khalid, en Riyadh, e a Cidade Militar Rei Khalid foron renomeados no seu honor.

Precedido por: Faysal bin Abdelaziz Al Saud Reis de Arabia Saudita e Líderes da Casa de Saud Sucedido por: Fahd bin Abdelaziz Al Saud

Véxase tamén Outros artigos Arabia Saudita Lista de Reis de Arabia Saudita

Categoría:Reis de Arabia Saudita Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil Categoría:Nados en Riad