O arromanés, tamén coñecido como macedorromanés (limba armãneascã, armãneashti ou armãneshce) é un idioma do conxunto das linguas romances orientais falado no Sueste de Europa por 300 mil persoas do pobo arromanés. O arromanés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Comparte semellanzas co romanés, mais a diferenza deste que tivo influencias das linguas eslavas, o arromanés tivo influencia do grego. Algúns filólogos non o consideran un idioma separado, senón só un dialecto arcaico do romanés. Unha das súas características fonéticas peculiares é a perda do f- inicial latino (do mesmo xeito que en castelán): ferrum → her ("ferro"), aínda que este mesmo trazo compárteo tamén co meglenorromanés.

Este idioma é falado en comunidades espalladas entre os seguintes estados: Estados Unidos, Francia, Australia, Alemaña, Grecia, Bulgaria, Romanía, Macedonia do Norte, Albania e Serbia; tal dispersión explícase porque durante séculos a maior parte dos arromaneses (chamados outrora polos eslavos "kutzovalacos" e, dadas as semellanzas no seu modo de vida cos rom ou xitanos, "tsintaros") viuse forzada a un modo de vida transhumante en carromatos, seguindo circuítos dentro do sur da Península dos Balcáns.

Exemplo da lingua Tatã a nostru cai eshci pi tser, s-ayisascã numa a Ta, s-yinã Amirãrilja a Ta, s-facã vreare-a Ta, cum pi tserlu, ashi sh-pisti loc. Pãne-a nostrã atsea di cathi dzuã dã-nã-u sh-azã shi ljartã-nã amãrtiile-a noastre ashi cum lji-ljirtãm sh-a amãrtoshlor a noshci. Shi nu nã-du la pirazmo, ala aveaglji-nã di atsel arãulu. Cã a Ta easte Amirãrilja shi puteare a Tatãlui shi Hiljlui shi a Ayului Spirit, torã, totãna shi tu eta-a etilor. Amen.

(o Noso Pai - fonte)

Tuti iatsãli umineshtsã s-fac liberi shi egali la nãmuzea shi-ndrepturli. Eali suntu hãrziti cu fichiri shi sinidisi shi lipseashti un cu alantu sh-si poartã tu duhlu-a frãtsãljiljei.

(Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en arromanés

Categoría:Linguas románicas orientais Categoría:Linguas de Albania Categoría:Linguas de Grecia Categoría:Linguas de Macedonia do Norte Categoría:Linguas de Romanía