Richard Serra, nado en San Francisco, o 2 de novembro de 1939 e finado en Long Island no Estado de Nova York debido a unha pneumonía o 26 de marzo de 2024, foi un escultor minimalista estadounidense coñecido por traballar con grandes pezas de aceiro corten (COR-TEN).

Traxectoria Formación académica Estudou Literatura na Universidade de California, Berkeley, entre 1957 e 1961. Posteriormente estudou Arte na Universidade Yale. Mentres vivía na Costa Oeste, traballaba nunha aceiraría, actividade que lle influíu no seu traballo.

Primeiros traballos miniatura|314x314px|esquerda|Fulcrum. Escultura na rúa Liverpool de Londres. Consiste en cinco pezas de aceiro Cor-Ten duns 17 metros de alto. Deyan Sudjic, director do Design Museum, chamoulle un dos "London's greatest design icons". miniatura|Escultura nunha rotonda de Dillingen, Sarre, Alemaña.|265x265px Nos primeiros traballos de Serra eran completamente abstractos; feitos de chumbo fundido lanzado contra a parede dun estudo ou dun espazo da sala dunha galería ou exposición. Era un claro exemplo da Arte Procesual.

Os rolos de chumbo eran deseñados para ceder nun certo tempo.

Minimalismo e estruturas de aceiro Cor-Ten Serra é máis coñecido polas súas construcións minimalistas de grandes rodelos e de follas de aceiro corten. Moitas destas pezas son autosustentábeis e acentúan o peso e a natureza dos materiais. As súas esculturas de aceiro en exteriores, levan un proceso inicial de oxidación, pero despois de 8 a 10 anos, esta cor mantense relativamente estábel.

En 1981, Serra instalou o Tilted Arc, un muro de aceiro de 3.5 metros de altura curvado lixeiramente, na Praza Federal de Nova York. Houbo unha gran polémica sobre a instalación a partir do primeiro día, en gran parte por mor a que os traballadores dos edificios lindeiros queixáronse debido a que a parede de aceiro obstruía o paso a través da praza. Unha audiencia pública en 1985 votou a favor de que o traballo fora removido, pero Serra alegou que a escultura estaba no seu sitio específico e que non se podía colocar en calquera outro. Serra publicou unha declaración famosa onde dicía: “Quitar o traballo sería destruílo.” Finalmente, o 15 de marzo de 1989, a escultura foi desmontada polos traballadores federais e desfeita posteriormente.

Outro traballo famoso é xigantesca escultura Snake, un trío de sinuosas follas de aceiro que fan forma curva. Establecido permanentemente no espazo máis grande do Museo Guggenheim de Bilbao, onde máis adiante, no 2005, montaríase unha exposición de máis traballos de Richard Serra. Non obstante, non sempre lle foi ben no circuíto da arte en España; tamén ese mesmo ano, o Centro de Arte Raíña Sofía en Madrid anunciou que unha das súas esculturas, de 38 toneladas, “se perdera”.

No ano 2000, instalou o Charlie Brown, unha escultura de 60 pés de alto localizada na nova central de Gap Inc., en San Francisco. Para acelerar a oxidación, os aspersores foron dirixidos inicialmente cara ás catro lousas feitas de aceiro que compoñen o traballo. Na Bienal de Whitney 2006, Serra mostrou simplemente un debuxo de cera dun preso de Abu Ghraib co subtítulo “STOP BUSH”. Esta imaxe foi utilizada máis adiante polo Museo Whitney para facer os carteis para a bienal.

En 2010, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Richard Serra: análisis crítico

Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Nados en 1939 Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Alumnos da Universidade Yale