Operación Ogro é unha película do director italiano Gillo Pontecorvo, coprodución hispano-italiana, estreada en Italia en 1979, e baseada no libro homónimo da autora Eva Forest. O título fai referencia ao nome en clave co que ETA denominou a acción, sendo ademais ogro o alcume de Carrero Blanco.
Sinopse O filme narra o intento de secuestro e posterior atentado que ETA levou a cabo o 20 de decembro de 1973 contra Luis Carrero Blanco, que fora designado presidente do goberno de España por Francisco Franco uns meses atrás.
Personaxes Gian Maria Volonté como Izarra José Sacristán como Iker Ángela Molina como Amaiur Eusebio Poncela como Txabi Saverio Marconi como Luque Georges Staquet como Albanel Nicole Garcia como Karmele Féodor Atkine como José María Uriarte Estanis González Agapito Romo como Luis Carrero Blanco José Manuel Cervino como Leiteiro Ana Torrent como rapaza vasca
Galardóns e nomeamentos A película foi seleccionada oficialmente para a clausura do Festival de Venecia. Declarada de "Especial Calidade" pola Dirección Xeral de Cinematografía, obtivo o premio David di Donatello á mellor dirección.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1979 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Gillo Pontecorvo Categoría:Filmes sobre ETA Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes ambientados no País Vasco Categoría:Filmes sobre o franquismo