A bandeira de Macedonia do Norte é un pano de cor vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara aos bordos.

O amarelo e o vermello son as cores nacionais do estado macedónico, a figura do sol evoca o desexo de liberdade no himno nacional Denes nad Makedonija (Hoxe sobre Macedonia). A relación entre o ancho e o longo da bandeira é de 1:2.

Versión anterior En 1995 tivo que retirarse a versión anterior da bandeira, adoptada en 1991, cando se produciu a independencia do país, na que figuraba o sol de Verxina. O sol (ou estrela) de Verxina é o elemento central da rexión grega do mesmo nome en bandeiras non oficiais, representacións gráficas etc. e a súa adopción por parte de Macedonia do Norte como símbolo nacional xerou protestas en Grecia.

Deseño A proporción da bandeira é 1:2 (alto/ancho), con dúas cores: Sistema Vermello Amarelo RGB 210-0-0 255-230-0 Hex #D20000 #FFE600 miniatura|centro|top|250px|Construción da bandeira.

Outras bandeiras

Véxase tamén

Outros artigos Macedonia do Norte Rexión grega de Macedonia

Ligazóns externas

Categoría:Símbolos de Macedonia do Norte Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras de Macedonia do Norte Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1995