Herbert Henry Asquith, nado en Morley (Leeds, Yorkshire) o 12 de setembro de 1852 e finado en Sutton Courtenay (Oxfordshire) o 15 de febreiro de 1928, foi un avogado e político inglés, primeiro ministro do Reino Unido entre o 1908 e o 1916.
Traxectoria Membro do Partido Liberal, en 1886 foi elixido membro do Parlamento británico por East Fife. Ministro do interior (1892-1895) con William Ewart Gladstone, trala retirada deste en abril de 1908 Asquith converteuse en primeiro ministro e xefe do Partido Liberal. En 1911 aprobou unha lei que abolia o veto da Cámara dos Lores.
Foi o pai de Anthony Asquith (director de cine), e entre os seus descendentes está a actriz Helena Bonham Carter.
Categoría:Primeiros ministros do Reino Unido Categoría:Políticos liberais Categoría:Nados en Leeds Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1928