Crésida é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 9 de xaneiro de 1986, e déuselle a designación temporal de S/1986 U 3. Máis tarde recibiría o nome da filla do troiano Calchas, unha heroína tráxica que aparece na obra de William Shakespeare, Troilus and Cressida (tamén en contos de Geoffrey Chaucer e outros autores). Tamén foi designada coma Urano IX.

Características Crésida pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita. Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes. Só se coñece a súa órbita, o seu radio de 41 kms e ó seu albedo xeométrico de 0,08.

As imaxes da Voyager 2 amosan a Crésida coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Crésida é de 0,8 ± 0,3, o que lle outorga unha forma elipsoidal suave. A súa superficie é de cor gris.

Crésida podería colidir con Desdemona dentro dos próximos 100 millóns de anos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Urano

Ligazóns externas Cressida Profileby NASA's Solar System Exploration Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Urano