dereita|miniatura|Camiseta do OAR Ferrol no Museo Etnolúdico de Galicia. O Club Baloncesto OAR Ferrol, onde OAR son as siglas de Obra Atlética Recreativa, foi un club de baloncesto galego con sede na cidade de Ferrol. Fundado en 1951 e desaparecido en 1996, o club competiu durante trece temporadas na máxima categoría do baloncesto español. Xogou os seus partidos como local en dúas localizacións diferentes, o Pavillón Municipal Punta Arnela e o Pavillón Polideportivo A Malata.

Historia O Obra Atlética Recreativa Ferrol foi fundado en 1951, sendo o seu primeiro presidente Jaime López Perez. Nun principio o club contaba unicamente cun equipo xuvenil, o cal que se proclama campión da liga local desde o ano 1954 até o 1957. Na tempotada 1957−58, baixo a presidencia de Antonio Bouza Evia e aproveitando os cimentos deixados polo equipo xuvenil, o club forma un equipo sénior capaz de competir en igualdade con outros equipos xa consolidados. Na primeira temporada o OAR conquista a Segunda División Provincial, se ben a desaparición de dita división fai que non acade o ascenso de categoría. Isto provocaría a desaparición do equipo sénior, o cal non reaparecerá até a temporada 1963−64 baixo a presidencia de Juan Fernández García. Juan Fernández posteriormente dirixiría o club os seguintes 30 anos.

Na temporada 1975−76 o equipo militaba na 3ª División Nacional. A idea de afrontar tarefas máis importantes concretouse na cabeza de Juan Fernández. Cun americano prestado, demostrouse nalgún partido amigable que este era o que marcaba a diferenza. Na seguinte tempada, a 1976-77, fichouse a José Antonio Figueroa, un adestrador profesional, que nuns anos conduciu e mantivo ao equipo en Primeira División. Con Juan Fernández ao mando o club obtén os seus maiores éxitos deportivos, marcados por sucesivos ascensos de categoría que levan ao club a militar durante trece anos na máxima categoría do baloncesto español, chamada primeiro División de Honra, e despois coñecida pola súa denominación Liga ACB.

Nos trece anos na elite do club ferrolán, o equipo consegue tres clasificacións a competicións europeas, concretamente a Copa Korać, aínda que nunca sendo capaces de pasar da fase de grupos. Na temporada 1993−94 o club perde a categoría a pesar de finalizar no posto 15. Isto foi debido a económicos, motivados en boa medida pola súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva. Tras o descenso de categoría o OAR acabar por certificar en 1996 a súa desaparición. Durante a longa vida deportiva do Club Baloncesto OAR Ferrol, foron moitos os xogadores e adestradores que defenderon as cores do equipo.

Xogadores Destacados

Alberto Abalde Ricardo Aldrey Óscar Cobelo José Ramón Esmorís Miguel Juane Miguel Ángel Loureiro Fernando Romay Lars Hansen Manuel Aller Pere Práxedes Fede Ramiro Valentín Ruano Manuel Saldaña Anicet Lavodrama Raymond Brown Nate Davis Roy Fisher Otis Howard Mike Schlegel Linton Townes Trevor Wilson

Palmarés Copa Galiza Campión (5): 1988, 1989, 1990, 1991, 1993 Subcampión (2): 1987, 1992

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1951–78Categorías inferiores1978–79 21ª División B 9º 8–2–12 1979–80 21ª División B2º 24–6 1980–81 11ª División 9º 10–1–15Cuartos de final1981–82 11ª División 8º 12–14 3 Copa Korać 3–11982–83 11ª División 11º 7–2–17Cuartos de final3 Copa Korać 0–1–11983–84 1ACB 7º 12–20 1984–85 1ACB 11º 14–15 Copa Príncipe 3 Copa Korać 4–61985–86 1ACB 12º 12–18 Copa Príncipe 1986–87 1ACB16º 5–26 Copa Príncipe 1987–88 21ª División B1º 37–9 1988–89 1ACB 9º 26–13Primeira roldaCopa Príncipe 1989–90 1ACB 19º 11–30Primeira rolda1990–91 1ACB 21º 16–27Segunda rolda1991–92 1ACB 10º 17–19Primeira rolda1992–93 1ACB 15º 13–21Segunda rolda1993–94 1ACB 15º 11–19Cuartos de final1994–95 32ª División 7º

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do OAR Ferrol en acb.com

Ferrol Categoría:Equipos de baloncesto de Galicia Categoría:Deporte en Ferrol