O leu romanés (en plural lei) é a moeda oficial de Romanía, onde se utiliza dende a fundación do Banco Nacional de Romanía en 1880. Un leu está dividido en 100 bani (en singular ban). O código ISO 4217 do actual leu romanés é RON e do antigo (antes do 1 de xullo de 2005) ROL.
Historia No século XVII, nos estados romaneses utilizábase como moeda o thaler neerlandés (löwenthaler), moeda na que aparecía un león, polo que se utilizaba popularmente a palabra lei (plural de león en romanés) para denominar ao diñeiro, denominación que permaneceu despois de que se deixase de utilizar o thaler.
Dende o 1 de xullo de 2005, entrou en circulación o novo leu (RON) que substitúe ao antigo (ROL), equivalendo 1 leu novo a 10.000 lei "antigos". Os "novos" lei coexistiron até o 31 de decembro de 2006 cos billetes e moedas do leu "antigo" (entre paréntese a súa equivalencia co novo leu):
Moedas: 500 lei (5 bani), 1.000 lei (10 bani), 5.000 lei (50 bani). Billetes: 10.000 lei (1 leu); 50.000 lei (5 lei), 100.000 lei (10 lei), 500.000 lei (50 lei), 1 000 000 lei (100 lei).
Billetes Descrición dos billetes en circulación legal:
1 RON (10.000 ROL) Medidas: 120 x 62 mm Tonalidade: verde Anverso: o escritor e historiador Nicolae Iorga e flores de xenciana Reverso: Catedral do Mosteiro de Curtea de Arges e unha aguia cunha cruz no peteiro 5 RON (50.000 ROL) Medidas: 127 x 67 mm Tonalidade: violeta Anverso: Á esquerda escudo de armas do país. No centro un caravel, notas musicais e un violín. Á dereita retrato do compositor George Enescu Reverso: Á esquerda Ateneo Romanés en Bucarest. Arriba fragmento da partitura da ópera Edipo Rei de Enescu. Piano ao centro á dereita. 10 RON (100.000 ROL) Medidas: 133 x 72 mm Tonalidade: laranxa Anverso: o pintor Nicolae Grigorescu, unha malva real, un pincel e unha paleta de pintura Reverso: casa da rexión de Oltenia e a pintura "Rodica" (unha rapaza de campo cunha cesta) 50 RON (500.000 ROL) Medidas: 140 x 77 mm Tonalidade: amarelo e verde Anverso: o enxeñeiro e piloto Aurel Vlaicu, unha flor de edelweiss e unha hélice Reverso: cabeza de aguia e deseño do avión "Vlaicu II", de fondo deseño dunha turbina 100 RON (1 000 000 ROL) Medidas: 147 x 82 mm Tonalidade: lila e azul Anverso: o dramaturgo Ion Luca Caragiale, unha violeta e unha máscara de comedia Reverso: Teatro Nacional en Bucarest, estatua do dramaturgo e unha máscara de traxedia 500 RON Medidas: 153 x 82 mm Tonalidade: verde e gris Anverso: o poeta Mihai Eminescu, unha flor de tilia, pluma e tinteiro e un reloxo de area Reverso: a Biblioteca Universitaria de Iaşi, de fondo primeira páxina do xornal "Timpul" da época do poeta
Véxase tamén
Ligazóns externas Banco Nacional de Romanía Billetes de Banco Mundiais en Polímero por Stane Štraus
Romanía Categoría:Romanía Categoría:ISO 4217