dereita|miniatura|Racing Club Vilalbés en 1972.

O Racing Club Vilalbés é un club de fútbol galego da cidade de Vilalba, na provincia de Lugo. Foi fundado en 1931 e na actualidade milita na Terceira Federación.

Historia O Racing Club Vilalbés foi fundado en Vilalba en 1931, grazas a un grupo de amigos dos que xurdira a idea xa en 1929. Na vila existía outro club de fútbol, o Sporting Vilalbés, fundado en 1925. En xaneiro de 1931 constituíuse o Racing Club Vilalbés, tendo como primeiro presidente a César Fernández Paz, sendo sucedido o 29 de novembro dese mesmo ano por Francisco Roca.

En 1940, trala chegada do franquismo e a prohibición das denominacións estranxeiras nos clubs, o Racing Vilalbés cambiou o seu nome oficial polo de Club Villalbés, denominación que tivo ata 1965. O 31 de agosto de 1948 inaugurouse o Campo do Castelo, cun partido entre o Deportivo da Coruña e o Racing de Ferrol. En 1958 o campo pasou a chamarse Estadio Roca, en homenaxe ao presidente do club, Francisco Roca.

Na tempada 1991/92 produciuse o primeiro ascenso do Racing a Terceira División, categoría que perdeu tres tempadas máis tarde. Na tempada 1998/99 volveu ascender e xogou en Terceira durante catro anos. O equipo volveu á categoría na tempada 2008/09, acadando o cuarto posto na tempada 2010/11, quedando clasificado para a fase de ascenso a Segunda División B. No playoff quedou eliminado na primeira fase polo Alhaurín de la Torre CF.

Na tempada 2022/23, despois de 14 tempadas consecutivas na categoría, o club conseguiu un histórico ascenso á Segunda División RFEF. Con Simón Lamas no banco, o equipo acabou cuarto no Grupo I da Terceira División RFEF, accedendo así á fase galega da promoción de ascenso. Eliminou primeiro ao Rápido de Bouzas e a continuación ao Arousa, clasificándose para a fase nacional. Nesta, o seu rival foi o La Calzada rioxano, co que empatou a un gol no encontro de ida na Magdalena. No partido de volta en Santo Domingo de la Calzada, o Racing Vilalbés conseguiu unha ampla vitoria, gañando por 3-0 con goles de Marcos, Álex Pérez e Santi, e certificou así o ascenso á cuarta categoría do fútbol español.

Estadio O Racing Club Villalbés xoga no Estadio Municipal da Magdalena, en Vilalba. Ten unha capacidade de 2.500 espectadores.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 1ª RFEF: 0 Tempadas en 2ª RFEF: 0 Tempadas en 3ª RFEF: 21 (Incluída a 2022/23) Mellor posto en liga: 4º (3ª RFEF - tempadas 2010/11 e 2022/23) e 3° na tempada 17/18 Promocións de ascenso a Segunda RFEF: 3 (1 ascenso)

Historial na liga TempadaCategoríaPostode 31-32Rexional—a 91-92Rexional— 1992/933ª9º1993/943ª11º1994/953ª 10pxde 95-96Rexional—a 98-99Rexional— 1999/003ª9º2000/013ª13º2001/023ª13º2002/033ª 10pxde 03-04Rexional—TempadaCategoríaPostoa 04-05Rexional—2005/06Rex. Pref.9º2006/07Preferente9º2007/08Preferente3º2008/09Preferente 10px2009/103ª9º2010/113ª4º2011/123ª5º2012/133ª10º2013/143ª13º2014/153ª9º2015/163ª5ºTempadaCategoríaPosto2016/173ª5º2017/183ª3º2018/193ª11º2019/203ª14º2020/213ª / 2021/223ª RFEF7º2022/233ª RFEF 10px2023/242ª RFEF 10px2024/253ª RFEF

Xogadores Cadro Datos da tempada 22-23

Palmarés Copa Galicia (1): 1986/87 Copa Federación Galega de Fútbol (1): 1953/54

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vilalbés Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes