San Blas-Canillejas é un distrito da cidade de Madrid situado no leste da cidade.
Limita polo norte cos distritos de Hortaleza e Barajas, polo leste co concello de Coslada, polo sur co distrito de Vicálvaro, polo sur co distrito de Ciudad Lineal. Ten unha superficie 22,29 km² e unha poboación de 161.219 habitantes no ano 2023. Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1949. En 2012, realizaron o cambio do nome do distrito de San Blas por San Blas-Canillejas.
Datos históricos
Esténdese ao sur da estrada de Barcelona e ao leste da rúa Hermanos García Noblejas (denominada desde 2017 avenida da Institución Libre de Enseñanza, prolongación da Ciudad Lineal. No seu ámbito hai terreos que pertenceron aos concellos de Canillejas, Barajas, Vicálvaro e Canillas. Ten un carácter mixto: residencial e industrial, ambas as actividades agrupadas; a primeira nos barrios de Simancas e San Blas, e a industrial en García Noblejas (denominada desde 2017 avenida da Institución Libre de Enseñanza) - Julián Camarillo e no eixo da estrada de Barcelona. Ata despois da Guerra Civil a zona non adquire valor como área de posible expansión da Vila. O Polígono do Gran San Blas, construído a finais dos anos sesenta do século XX, foi un exemplo de barrio de promoción pública, destinado a absorber os amplos núcleos chabolistas existentes en Madrid naqueles anos.
Barrios Este distrito está dividido en oito barrios:
Amposta Arcos Canillejas Hellín Rejas Rosas Salvador Simancas
Véxase tamén Referencias
Bibliografía
Ligazóns externas
Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Información sobre os Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno Programación cultural distrito San Blas-Canillejas
Categoría:Distritos de Madrid