A igrexa de San Pedro de Angoares é a igrexa parroquial de Angoares, no concello de Ponteareas. É un templo románico.

Descrición Ten a súa orixe nun mosteiro probablemente visigodo. No século XII construíuse a igrexa románica como un edificio de planta de cruz latina e testeiro recto. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita en 1900. A actual, de estilo neogótico, carece de valor arquitectónico.

É destacable a colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos (coma cuadrúpedes, cabezas de bóvidos e outros animais). Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a cabeza, como se estivesen meditando.

No muro norte da ábsida consérvase unha banda prerrománica e unha lousa con decoración de lacería que se conserva na sancristía.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Arte románica

Angoares Categoría:Ponteareas Angoares