Kebab Connection é un filme turco-alemán estreado no 2005 e ambientado en Hamburgo.
Argumento Ibo (Denis Moschitto) é un mozo de orixe turca que vive en Alemaña canda a súa familia e que ten unha noiva alemá (Nora Tschirner). O seu soño é ser director de cine, en concreto, quere facer a primeira película alemá de kung fu, mais ao que chega e a facer uns anuncios para a tenda de kebabs do seu tío. A súa moza, unha aspirante a actriz de teatro, fica embaraza del, mais é bastante reticente a aceptalo como pai.
O pai de Ibo bótao da casa e deshérdao, non quere que o seu fillo se arrexunte cunha alemá, aínda que ao final acéptaa como nora por consello da muller, e acaba perdoando o fillo.
Tamén hai outros temas secundarios interesantes, como pode ser a dun inmigrante grego, dono dun bar de comida grega que lle fai competencia aos kebabs turcos, que ten desherdado ao fillo ser vexetariano e rexentar un establecemento de comida vexetariana.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes en lingua alemá