O músculo trapecio é un músculo da parte posterior do pescozo, tronco e extremidade superior. As súas funcións son as da rotación, retroceso, elevación, e abdución da escápula.
Insercións no cranio O trapecio insírese no óso occipital, nas liñas nucais superiores e na protuberancia occipital exterior.
Insercións na columna vertebral Distintas febras do músculo insírense nas apófises vertebrais posteriores tanto a nivel cervical coma torácico.
Insercións no tronco e membro superior Distalmente, o trapecio insírese na clavícula, no acromion e no corpo da escápula.
Relacións do músculo O músculo posúe unha cara superficial e unha fonda, e tres bordos, medial, inferior e anterior. Cara superficial É subcutánea, ocupando gran parte da superficie posterior alta do tronco. Cara fonda A cara fonda cobre os músculos cervicais e dorsais.
Innervación Recibe unha innervación dobre: por unha banda, do nervio accesorio e por outra banda recibe ramos nerviosos das raíces cervicais segunda, terceira e cuarta.
Vascularización Arteria dorsal da escápula
Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Musculatura