Anxo López Sueiro, chamado Geluco, nado en San Marcos (Sillobre, Fene) en 1936 e finado na Capela o 19 de outubro de 2021, foi un político galego. Foi alcalde da Capela desde as eleccións municipais de 1991 ata 2011 e presidente do Racing de Ferrol dende 1984 ata 1993.

Traxectoria Foi fillo de José María López e Isolina Sueiro, militantes socialistas na clandestinidade, durante a ditadura. Foi administrativo da empresa Endesa, onde chegou a ocupar a presidencia do comité de empresa como sindicalista da UGT e dirixente do PSdeG-PSOE. Dende 1983 a 2002 foi tamén deputado da Deputación da Coruña.

Foi tamén presidente do Racing de Ferrol entre 1984 e 1993, sendo o segundo mandatario racinguista en número de anos á fronte do club tras Isidro Silveira Cameselle.Historia do Racing de Ferrrol en www.fdpracingferrol.galeon.com .

Deixou a alcaldía da Capela en 2011.Anxo López Sueiro ´Nos meus 20 anos de alcalde non tiven dous días seguidos de vacacións´

Vida persoal Casou e tivo unha filla. Enviuvou.

Notas

Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais na Capela

Categoría:Alcaldes da Capela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Presidentes do Racing de Ferrol Categoría:Nados en Fene Categoría:Finados en 2021