La bicicleta é unha película española de 2006, dirixida por Sigfrid Monleón.

Sinopse Son as historias de varios personaxes dun mesmo lugar que empregan a bicicleta como medio de transporte. Estes personaxes son unha rapaza que se gaña a vida como mensaxeira, unha muller maior casada que reencontra ao pai de seu fillo, un cativo que traballa para un camelo e un bolseiro que se vai ir a Londres a estudar.

Comentarios La bicicleta é un filme de corte naturalista con vocación ecoloxista (reivindicando o uso da bicicleta como alternativa aos automóbiles), existindo tamén en paralelo outros temas como o amor, o paso do tempo e as frustración vitais.

Foi con rodada con pouco orzamento e proxectouse no Festival de Málaga, sendo candidata á Espiga de Ouro neste certame no 2006.

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes rodados en Valencia Categoría:Filmes ambientados en Valencia