Malí, oficialmente República de Malí, (en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana; en alfabeto n'ko: ߡߊߟߌ ߞߊ ߝߊߛߏߖߊߡߊߣߊ) é un país africano. É un estado sen costa, o oitavo máis extenso de África, cunha área de 1 240 000 km². A poboación de Malí era de 19,3 millóns de persoas no ano 2018, e no 2017 estimouse que o 67% da poboación tiña menos de 25 anos.Index Mundi using CIA World Factbook statistics, 20 de xaneiro de 2018, consultado o 13 de abril de 2019 A súa capital e principal cidade é Bamaco. Limita ao noroeste con Mauritania, ao norte con Alxeria, ao leste con Níxer, ao sur con Burkina Faso, Costa do Marfil e Guinea, e ao oeste co Senegal. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sáhara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Algúns dos recursos naturais máis importantes de Malí son o ouro, sendo o terceiro maior produtor do continente africano,Mali gold reserves rise in 2011 alongside price . Consultado o 17 de xaneiro de 2013 e o sal.Human Development Indices , Table 3: Human and income poverty, p. 6. Consultado o 1 de xuño de 2009 A metade da poboación vive baixo o limiar de pobreza internacional, establecido en 1,25 dólares por día.

O actual territorio maliano foi sede dos tres imperios de África occidental que controlaron o comercio transahariano: o Imperio de Ghana, o Imperio de Malí e o Imperio Songai. Durante a súa época dourada, salientaron nas matemáticas, na astronomía, na literatura e na arte.Topics. MuslimHeritage.com (5 de xuño de 2003). Consultado o 8 de outubro de 2012.Sankore University. Muslimmuseum.org. Consultado o 8 de outubro de 2012. Durante o seu máximo apoxeo en 1300, o Imperio de Malí abranguía unha área que duplicaba o tamaño da actual Francia e chegaba até a costa oeste de África.Mali Empire (ca. 1200- ) | The Black Past: Remembered and Reclaimed. The Black Past. Consultado o 8 de outubro de 2012. A finais do século XIX, Malí caeu baixo dominio de Francia, pasando a formar parte do Sudán francés. En 1959 conseguiu a súa independencia canda o Senegal, converténdose así na Federación de Malí, a cal remataría un ano despois. Tras un tempo no que existía un único partido político, un golpe de Estado en 1991 comportou a creación dunha nova constitución e o estabelecemento de Malí como unha nación democrática cun sistema pluripartidista.

En xaneiro de 2012, un conflito armado estourou no norte de Malí, no cal rebeldes tuaregs tomaron o control do territorio do norte, e en abril declararon a secesión dun novo estado, Azawad.Polgreen, Lydia and Cowell, Alan (6 de abril de 2012) "Mali Rebels Proclaim Independent State in North", The New York Times O conflito agravouse por mor dun golpe militar que se produciu en marzoUN Security Council condemns Mali coup. Telegraph (23 de marzo de 2012). Consultado o 24 de marzo de 2013. e pola posterior loita entre os tuaregs e outras faccións rebeldes. En resposta á perda de control no territorio, o exército francés lanzou a operación Serval en xaneiro de 2013. Un mes despois, as forzas malianas e francesas recuperaron o control da maioría do territorio norte. As eleccións presidenciais celebráronse o 28 de xullo de 2013, cunha segunda rolda celebrada o 11 de agosto, e as eleccións lexislativas celebráronse o 24 de novembro e o 15 de decembro de 2013.

O 18 de agosto de 2020 produciuse un golpe de estado en Malí. O presidente e o primeiro ministro da nación foron arrestados polos militares logo de protestas polos continuos problemas económicos e o empeoramento da situación de seguridade nacional, e o día seguinte ámbolos dous renunciaron.

Etimoloxía O nome Malí provén do Imperio de Malí. O nome quere dicir "o lugar onde viven os reis" e ten connotacións de fortaleza. O escritor guineano Djibril Niane suxire en Sundiata: An Epic of Old Mali (1965) que é posible que Malí fose o nome dado a unha das capitais dos emperadores. O viaxante marroquí do século XIV Ibn Battuta reportou que a capital do Imperio de Malí era chamada Malí. Unha tradición mandinga conta que o primeiro emperador lendario Sundiata Keita transformouse nun hipopótamo logo da súa morte no río Sankarani e que é posible atopar vilas nesa área do río, chamada "vello Malí", que teñen Malí por nome. Un estudo dos proverbios malianos sinala que no vello Malí hai unha vila chamada Malikoma, que quere dicir "Novo Malí", e que polo tanto Malí podería ter sido o nome dunha cidade.

Outra teoría suxire que Malí é unha pronunciación fula do nome dos mandé. Suxeriuse que un cambio de son produciu o nome, xa que en fula o segmento alveolar cambia a e a vogal final desnasaliza e produce que mande pase a .

Historia Cunha antiga historia de ricos reinos africanos, entre os cales o famoso Imperio de Ghana, o Malí foi ocupado polos franceses a fins do século XIX, tendose tornado parte do “Sudán Francés” no 1890, cun gobernador estacionado en Kayes. En 1958, o territorio tornouse autónomo, mais facendo aínda parte da “Comunidade Francesa” e accedeu á independencia o 22 de setembro de 1960.

Golpe de estado de 2020 miniatura|Membros do Comité Nacional para a Salvación do Pobo, directorio da xunta gobernante de Malí. O malestar popular comezou o 5 de xuño de 2020 despois das irregularidades nas eleccións parlamentarias de marzo e abril, incluíndo o arresto do líder da oposición Soumaila Cissé. Entre 11 e 23 persoas morreron nas protestas que tiveron lugar entre o 10 e o 13 de xuño.

Membros do exército, liderados polo coronel Assimi Goïta e o coronel-comandante Ismaël Wagué en Kati, comezaon un motín o 18 de agosto de 2020. O presidente Ibrahim Boubacar Keïta e o primeiro ministro Boubou Cissé foron arrestados, e pouco despois da medianoite Keïta anunciou a súa renuncia, dicindo que non quería ver ningún derramamento de sangue. Wagué anunciou a creación do Comité Nacional para a Salvación do Pobo (CNSP) e prometeu futuras eleccións. Iniciouse o toque de queda e as rúas de Bamaco quedaron tranquilas.

A Comunidade Económica de Estados de África Occidental (ECOWAS) condenou o golpe de estado e pediu a reasignación do presidente Keïta.

Xeografía

A cidade de Tombouctou foi considerada Patrimonio Mundial.

Demografía

Subdivisións miniatura|Rexións e distrito capital de Malí.

As principais subdivisións do Malí son denominadas rexións (todas as rexións levan o nome da súa cidade principal):

Tombouctou ou Timbuktu Kidal Gao Mopti (onde se encontran as Falesias de Bandiagara, Patrimonio Mundial) Ségou Koulikoro (onde se atopa a capital, Bamaco) Kayes Sikasso

Tamén se distingue un distrito capital de Bamaco.

Política

Economía

A economía de Malí confina a súa actividade basicamente á área irrigada polo río Níxer e o país en si está entre os máis pobres países do mundo, co 65% da súa área cuberta por deserto ou semideserto. Preto do 10% da poboación é nómade e preto de 80% da man de obra dedícase á agricultura e á pesca. A actividade industrial está concentrada no procesamento de produtos agropecuarios. Malí é moi dependente da axuda externa e a súa economía é vulnerable ás flutuacións dos prezos do algodón nos mercados mundiais, a súa exportación principal. En 1997, o goberno perseguiu a posta en funcionamento dun programa de axustes estruturais da economía, recomendado polo FMI, que ten axudado a economía a medrar, diversificarse e atraer investimento estranxeiro. A adhesión do Malí ás reformas económicas e unha desvalorización do 50% do franco africano en xaneiro de 1994 fixeron aumentar o crecemento económico. Varias empresas multinacionais aumentaron as operacións de mineración de ouro no período entre 1996 e 1998 e o goberno preve que Malí se torne nun dos principais exportadores de ouro subsaharianos nos próximos anos.

Cultura miniatura|Torre da mesquita Konoguel.

A variada cultura dos malianos reflicte a diversidade étnica e xeográfica do país.Pye-Smith, Charlie & Rhéal Drisdelle. Mali: A Prospect of Peace? Oxfam (1997). , p. 13. A maioría dos malianos viste roupas coloridas e floreadas chamadas boubous, que son típicas de África Occidental. Os malianos participan frecuentemente en festivais, danzas e cerimonias tradicionais.

Música miniatura|esquerda|Danza tradicional dogon. A música tradicional maliana deriva dos griots, que son coñecidos como "conservadores da memoria".Crabill, Michelle and Tiso, Bruce (xaneiro de 2003). Mali Resource Website. Fairfax County Public Schools. Consultado o 4 de xuño de 2008. A música maliana é diversa e abrangue diferentes xéneros. Algunhas influencias destacables na música son o virtuoso do kora Toumani Diabaté, o virtuoso do ngoni Bassekou Kouyate, o guitarrista Ali Farka Touré, a grupo de música tuareg Tinariwen, Khaira Arby, e diversos artistas afro-pop]] como Salif Keita, o dúo Amadou & Mariam, Oumou Sangare, Fatoumata Diawara, Rokia Traore e Habib Koité. A danza tamén xoga un papel importante na cultura musical. As festas de danza son comúns nos eventos entre amigos, e as danzas de máscaras tradicionais son interpretadas en eventos cerimoniais.

Deporte miniatura|Nenos malianos xogando ao fútbol nunha vila dogon.

O deporte máis popular de Malí é o fútbol,Milet, p. 151.DiPiazza, p. 55. que se fixo aínda máis relevante despois de que Malí fose a sede da Copa Africana de Nacións de 2002.Hudgens, Jim, Richard Trillo, and Nathalie Calonnec. The Rough Guide to West Africa. Rough Guides (2003). , p. 320. Moitas vilas e cidades teñen equipos de fútbol formais, sendo os máis populares Djoliba AC, Stade Malien e Real Bamako, todos eles da capital do país. Os partidos informais son xogados por nenos e mozos que usan un conxunto de farrapos como pelota.

O baloncesto tamén é outro deporte importante no país;"Malian Men Basketball". Africabasket.com. Consultado o 3 de xuño de 2008. e a selección de baloncesto feminina, liderada por Hamchetou Maiga, competiu nos Xogos Olímpicos de 2008.Chitunda, Julio. "Ruiz looks to strengthen Mali roster ahead of Beijing" . FIBA.com (13 de marzo de 2008). Consultado o 24 de xuño de 2008. A loita tradicional (la lutte) tamén é bastante común, malia que a súa popularidade declinou nos últimos anos. O xogo de oware, unha variante do mancala, é un pasatempo común.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

A student-translated English version is also available.

This article incorporates text from this source, which is in the public domain.