miniatura|250px|A sardiña e o porco, se voaran, en moito máis se estimaran. A seguir recóllese a pegada que deixou a sardiña na cultura popular galega, na fraseoloxía e na tradición oral galega (refráns, cantigas e adiviñas).

Din os mariñeiros que os bancos de sardiña aparecen ó amencer e, sobre todo, ó solpor e de noite, á luzada, e que durante o día a sardiña descende e permanece acamada no fondo do mar, repousando semienterradas de cabeza no limo ... advirtiéndose que el movimiento de la mañana disminuye pronto, porque la sardina suele reposar durante el día, yéndose al fango del fondo, en donde queda "acamada", pues se la ve en grandes extensiones clavada de cabeza en el lodo, como dos tercios de su longitud, moviendo la cola y muy apiñada (Eladio Rodríguez s. v. sardiña)..

Léxico Frol da sardiña: variedade de xeranio Valladares non explica as diferenzas que caracterizan esta variedade. Sardiña da moura ou da moira: sardina salgada.Pintos 1865. Nai da sardiña: zamborca (Alosa alosa).En Lira e Camariñas. Ríos Panisse explica que se denomina así porque, aínda que parecida á sardiña, é de maior tamaño, polo que os mariñeiros cren que é a nai da sardiña. Sardiña de pico: alcrique (Scomberesox saurus). En Bueu. Papaxoubas: aparvado. Tamén papaxoibas.Localizado no Grove.

Locucións Coma sardiñas en banasta: estar moi apertados. Coma sardiñas na lata: estar moi apertados. Como sardiña na tixela: non parar, mostrar inquietude. Espichado polas guelras como sardiñas na lercha: estar totalmente vencido e acabado.Lercha é a vara na que se ensartan as sardiñas para curarlas. Gordo coma a sardiña polo rabo: delgado. Non hai cousa máis fraca có rabo da sardiña. Ir tomar a parva que ela na ria está: adaxio mariñeiro que alude á sardiña que entra na ría. Pagar en cartos de sardiñas: pagar unha débeda mediante pequenas cantidades. Sacar as sardiñas do lume coa man allea: deixar que outro corra cos riscos.

Refraneiro A carne, carne cría, e a sardiña auga fría.Clodio González Pérez, 141. A Concepción sempre trai a súa arribazón A Concepción celébrase o 8 de decembro. A muller e a sardiña, canto máis pequena máis fina.Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993. A muller e a sardiña, canto máis pequeniña. A muller e a sardiña, canto máis pequeniña, máis sabrosiña.Supl. "Galicia", La Voz de Galicia 25.01.1986. A muller e a sardiña, canto máis pequeniña, máis xeitosiña. A muller e a sardiña, canto máis pequerrechiña, máis riquiña. A muller e a sardiña, na cociña.Eladio Rodríguez González, s. v. muller.Moreiras Santiso (1978), 35. A muller e a sardiña, pequena e escanchadiña.Escanchada, de escanchar, significa aberta, esparrada (a sardiña) ou aberta de pernas (a muller). A muller e a sardiña, pequeniña.Saudade nº 3, maio 1943, 24-25..Moreiras Santiso (1978), 59. A muller e a sardiña, pequeniña i escanchadiña. A muller e a sardiña, pequeniñas. A muller e a sardiña, polo máis pequechiña.Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: mais. A muller e a sardiña, polo máis pequeniña.Varios: Terra de Melide, 171. A muller e a sardiña por pequeniña, que, mentres a grande se agacha, ten xa varrida a cociña.Elixio Rivas Quintas (2001). A muller e a sardiña, por pequeniña, xeitosiña . A muller é a sardiña, redondiña. A sardiña ben salgada, ben cocida e mal asada . A sardiña e a longariza ponas ó calor da cinza.Anónimo: Libro do porco, 35. A sardiña e a muller, pequeniña se pode ser, que canto máis pequeniña, millor ten que saber. A sardiña e o porco, se voaran, en moito máis se estimaran.Anónimo: Libro do porco, 35. Álvarez Blázquez, compilador, explica que é así polo prestixio gastronómico das aves, especialmente as de caza. A sardiña en san Xoán xa molla o pan. A sardiña, na chama, e a muller, na cama. A sardiña no maio que a parta un raio. A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan . A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.Eladio Rodríguez, s. v. sardiña. A sardiña salgada, ben cocida e mal asada. Anque a sardiña está no prato, non é por falta de gato. Botar outra sardiña que outro ruín vén da viña.Anónimo: Refraneiro do viño, 25. Cada sardiña ten a súa espiña. Cada un achega a brasa á súa sardiña.Moreiras Santiso (1977), 14. Cando chove por Santa Lucía, non hai sardiña.Clodio González Pérez, 146. Chuvia por Santa Lucía, tolle a sardiña.Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia. Coitada a sardiña que todo peixe a come. Coitada da sardiña que todo o peixe a come.Clodio González Pérez, 142. Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai ruín viño.Clodio González Pérez, 145.Marcial Valladares Núñez, s. v. viño. No orixinal: saladas, n’hai.Anónimo: Refraneiro do viño, 26. Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín. Con unha sardiña pode pescarse unha troita ou unha anguía. De novo galiña, de vello sardiña.Supl. "Galicia", La Voz de Galicia 28.09.1985. Día de Santa Lucía, enchente de agua ou de sardiña.Eladio Rodríguez González, s. v. día.Rosario Soto Arias 2013. No orixinal: d'auga.Santa Lucía celébrase o 13 de decembro. É tan bobiña que troca a vaca pola sardiña. En abril, a sardiña val pernil.Anónimo: Refraneiro do porco, 36. En abril vai coller a sardiña polo rabo e déixaa ir. En agosto come as sardiñas ben a gosto.Zamora Mosquera: Refráns e ditos populares gallegos, 94. miniatura|250px|En san Xoán, a sardiña molla o pan. En san Xoán a sardiña molla o pan. En San Xoán a sardiña pinga o pan. En San Xoán pinga a sardiña no pan.Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohán. En San Xoán xa a sardiña molla o pan.Noriega Varela, Antón: ""Reportorio de refráns pra todol-os meses do ano", en "Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós nº 3, 30.12.1920, 17. No orixinal: En San Joan x'a sardiña moll'o pan.Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan. Hai que empezar con sardiña para terminar con galiña.Rielo Carballo, Nicanor: Escolma de Carballedo, 196. Mercar dúas sardiñas, e dar catro fritidas. Mercar tres sardiñas e vender cinco fritidas Eladio Rodríguez González, s. v. mercar.. Na Gudiña, cada catro unha sardiña.Clodio González Pérez: O refraneiro do mar, Deputación Provincial de Pontevedra, 1988, 41. Non está a sardiña no prato por falta de gato. Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas Eladio Rodríguez González, s. v. viño.. Non hai sardiña sen espiña . Ó que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña Zamora Mosquera, 176; no orixinal: inda. Pola Santa Mariña pinga a sardiña . Pola Santa Mariña salga a sardiña . Polo san Xoán á sardiña e en setembro á vendima.Adela Leiro Lois, 34. Polo San Xoán come sardiñas e tira pedriñas. Adela Leiro Lois, 21. Polo San Xoán molla a sardiña no pan . Polo San Xoán xa a sardiña pinga o pan . Por Pascuas de Resurrección tres cousas teñen sazón: sardiñas salgadas, castañas asadas e predicación.Álvarez Giménez, Emilio: Refranero agrícola y metereológico [sic] gallego, 50. No orixinal:saladas, predecación. Por san Xoán, a sardiña molla o pan.Adela Leiro Lois, 26. Por san Xoán, a sardiña pinga no pan. Por San Xoán molla a sardiña o pan . Por santa Mariña pinga a sardiña. Presta máis unha sardiña con gusto, que unha galiña con desgusto. Primeiro a galiña que a sardiña Eladio Rodríguez González, s. v. galiña. Quen queira mal a unha veciña, déalle en abril sardiña . Quen queira mal a unha veciña, déalle no abril sardiña.Moreiras Santiso (1978), 82. ¿Quen vos trouxo os meus odres? Castañas asadas e sardiñas podres.Saco y Arce, 339. Explica o autor que tanto as castañas asadas como as sardiñas pouco frescas avivan a sede, que se debe aliviar cos odres de viño, coa protesta do dono destes. Santa Lucía, auga ou sardiña.13 de decembro. miniatura|250px|Se ves mascatos voar, busca a sardiña no mar. Sardiña que leva o gato, perdida está. Sardiña que leva o gato, tarde o nunca volve ó prato . Sardiña que leva o gato gandida vai Gandida, comida, de gandir, comer. Sardiña que o gato leva, ben lambidiña vai . Sardiña que o gato leva, perdida está . Sardiña que o gato leva, tarde ou nunca á deixará. Sardiña salgada, ben cocida ou mal asada Lino Lema Bouzas. No orixinal: salada.. Sardiñas de maio, sardiñas do diaño. Sardiñas salgadas, castañas asadas e confesión, antes das Páscoas de Resurrección Lino Lema Bouzas. No orixinal: saladas.. Se comes sardiña en san Xoán, mollaráchese o pan.Ferro Ruibal, Xesús (dir.): Diccionario dos nomes galegos, s. v. XOán (px. 556). Se ves mascatos voar, busca a sardiña no mar Eladio Rodríguez González, s. v. mascato.. Trata en sardiña e comerás galiña A galiña, aquí, como símbolo de riqueza.. Vén santa Mariña coa súa manguiña de auga ou de sardiña.Ferro Ruibal, Xesús (dir.): Diccionario dos nomes galegos, s. v. Mariña. Vende sardiña e poderás comer galiña.

Cantigueiro miniatura|250px|Unha vella se comeu/ cento e medio de sardiñas,/ e toda a noite andivo/ quitando do cu espiñas. A espicha do catalán/ non dá proveito a ninguén;/ mandei a muller á espicha/ i espicháronma tamén Xaquín Lorenzo Fernández, 212. A espicha consiste en colocar as sardiñas nas espichas (varas finas de madeira nas que se van inserindo as sardiñas) para as afumar ou secar. A miña muller, compadre/ evos moi gobernadeira,/ co rabo dunha sardiña/ comeu unha bola enteira.Moreiras Santiso recólleo baixo a forma de refrán: "A miña muller evos moi gobernadeira: co rabo dunha sardiña comeu unha bola enteira" (Moreiras Santiso (1978), 85. A miña muller, Farruco,/ éche unha cumprimenteira:/ co rabo dunha sardiña/ comeu unha bola enteira.Pérez Ballesteros, II, 85. No orixinal: eche, c'o rabo, d'unha, bôla.Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: inteira.. A muller e a sardiña/ querémola pequeniña,/ mentres a grande se baixa/ ela barre a cociña.Nicanor Rielo Carballo, 75. A sardiña cabezuda./ Mira que donaire leva/ a ama do señor cura. A sardiña cabezuda/ ten o sangue na cabeza;/ os rapaces de hoxe en día/ cásanse pola riqueza Nalgúns dicionarios (Filgueira, Carré, Ibáñez, Ríos Panisse) definen cabezuda simplemente como "sardiña con cabeza". Eladio Rodríguez (s.v. cabezudas) amplía a explicación e defíneas como: "Sardinas llamadas así porque se asan sin abrir, con cabeza y tripas", mentres que "Las que se guisan o se fríen sin cabeza y sin tripas se llaman escochadas; y las que se fríen sin cabeza, sin tripas y sin espina, abiertas en canal, reciben la denominación de escachadas".. A traíña vai na pana/ e os remos no galeón/ e a sardiña vai correndo/ par'o Porto de Caión.Pérez Ballesteros, 227. A pana sería o lugar do barco onde se garda o aparello. A túa muller, Farruco,/ éche ben cumprimenteira,/ co rabo dunha sardiña/ comeu unha bola enteira Lino Lema Bouzas, 15. Agora que me trocaches/ has de ter moito diñeiro,/ heite de meter no trato,/ no trato do sardiñeiro.Xaquín Lorenzo Fernández, 32. Alude á xente -normalmente mulleres- que se dedicaban á venda ambulante do peixe que compraban no ferrocarril de Ourense a Vigo, traballo que esixía moito esforzo e daba pouca ganancia. Alá no medio do mar/ vin saltar unha sardiña,/ mariñeiriños de Noia/ vinde alá cunha traíña.Álvaro das Casas, 192. No orixinal: c-unha, traiña. Cálate, vaite calando,/ cara de sardiña crúa,/ que paréce-lo meu porco/ a chuchar na lavadura.Xaquín Lorenzo Fernández, 55. No orixinal: parecelo. Cálate, vaite calando,/ cara de sardiña crúa,/ que paréce-lo meu porco/ cando solve a lavadura. Cara de pinta-la mona,/ cara de sardiña fría,/ eres unha salamántiga, compaña de cotuvía.Xaquín Lorenzo Fernández, 59. No orixinal: pintala, éres. Cunha codia de pan quente,/ unha sardiña salgada/ e o abrazo dunha nena/ pasa un home unha somana.Xaquín Lorenzo Fernández, 221..