Mommur Chasma é o canón máis grande da superficie da lúa de Urano, Oberón. Recibiu o nome do bosque natal da personaxe Oberón que aparece na obra de William Shakespeare, Midsummer Night's Dream. Este accidente xeolóxico formouse probablemente nas primeiras etapas da evolución desta lúa, cando o interior de Oberón se expandiu e coma resultado a súa cortiza de xeo rachou.Conferencia a cargo de Croft, S.K. "New geological maps of Uranian satellites Titania, Oberon, Umbriel and Miranda" (1989), edición da conferencia a cargo do "Lunar and Planetary Sciences Institute" e recollida na obra "Proceeding of Lunar and Planetary Sciences" vol. 20, pax 205C Este canon é un exemplo de graben ou dunha falla normal. Mommur Chasma foi fotografada por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Oberón Urano Lista dos accidentes xeolóxicos da lúas de Urano Chasma
Categoría:Chasmata Categoría:Oberón