Rousillon Rupes e unha escarpa sobre a superficie da lúa de Urano, Titania; recibiu o nome dunha vila que aparece na obra de William Shakespeare, All's Well That Ends Well. A lonxitude desta escarpa é do redor de 402 km, e é unha falla normal situada preto do ecuador e corre perpendicularmente respecto del. A escarpa corta varios cráteres de impacto, o cal suxire que probablemente se formase este accidente xeolóxico en etapas tardías da evolución desta lúa, cando o interior de Titania se expandiu e coma resultado a súa cortiza de xeo rachou.Conferencia a cargo de Croft, S.K. "New geological maps of Uranian satellites Titania, Oberon, Umbriel and Miranda" (1989), edición da conferencia a cargo do "Lunar and Planetary Sciences Institute" e recollida na obra "Proceeding of Lunar and Planetary Sciences" vol. 20, pax 205C Rousillon Rupes ten moi poucos cráteres superpostos, o que reafirma que esta rupes é unha estrutura xeolóxica relativamente nova. Rousillon Rupes foi fotografada por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986. Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos da lúas de Urano Rupes
Categoría:Rupēes Categoría:Titania