Úrsula é un gran cráter da superficie da lúa do planeta Urano, Titania. Ten ó redor de 135 km de ancho, e está cortado pola Belmont Chasma. O seu nome está tomado da comedia de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.
Úrsula ten un foso central dun diámetro aproximado de 20 km. É probablemente o cráter máis recente de entre os grandes cráteres que posúe Titania. O cráter está rodeado de suaves planicies, as cales amosan a densidade máis baixa de cráteres de impacto de entre tódolos accidentes xeolóxicos de importancia de Titania, exceptuando que están cortadas pola Belmont Chasma. Estas planicies poden ser depósitos de material expulsado no impacto que produciu o cráter Úrsula ou tamén poderían ser produto do criovulcanismo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Chasma (astroxeoloxía) Lista dos accidentes xeolóxicos da lúas de Urano
Categoría:Cráteres Categoría:Titania