miniatura|Publicidade da época.
LarGEG: LAR, Editorial Editorial fundada na Coruña en novembro de 1924 baixo a dirección de Leandro Carré Alvarellos e de Ánxel Casal...EGU: Editorial Lar Empresa editorial fundada na Coruña en novembro de 1924... e Lar PUBLIC Publicación literaria editada na Coruña a partir do 29 de novembro de 1924... foi unha editorial da Coruña, continuadora da Editorial Céltiga, que publicou con periodicidade irregular, de 1924 a 1928, unha colección de novelas curtas. Estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e administrada por Ánxel Casal. Os cinco primeiros números editáronse na imprenta Moret. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño. Cesou en 1928, dando paso á Editorial Nós.
Publicacións No seu primeiro número, publicado en decembro de 1924, incluía a novela A miña muller, de Wenceslao Fernández Flórez.
No segundo número, publicado o 20 de decembro de 1924, incluía a novela O anarquista, de Leandro Pita Romero.
miniatura|200px|O Mariscal. 1926. Ediciós Lar. No terceiro número, publicado o 3 de xaneiro de 1925, incluía a novela O pastor de doña Silvia, de Aurelio Ribalta.
Posteriormente publicáronse as seguintes obras de novela curta: 4. Naiciña, de Leandro Carré Alvarellos, 1925. 5. Os probes de Deus, de Luís Amado Carballo, 1925. 6. Martes d'antroido, de Francisca Herrera Garrido, 1925. 7. Antón Piruleiro, de Xesús Fernández González, 1925.Antón Piruleiro é o título da portada. No interior do libro leva o antetítulo de Como son os do Grorioso. 8. Pantelas, home libre, de Ramón Otero Pedrayo, 1925. 9. A terra chama, de Uxío Carré Aldao, 1925. 10. O lobo da xente: lenda galega, de Vicente Risco, 1925. 11. Buserana, de Gonzalo López Abente, 1925. 12. A Dona das Torres, de Ángel del Castillo, 1925. 13. Ana María, de Xoán Xesús González, 1925. 14. A propia vida, de Leandro Carré Alvarellos, 1925. 15. Cabalgadas en Salnés, de Fermín Bouza Brey, 1925. 16. Anxélica, de Florencio Vaamonde, 1925. 17. Manecho o da rúa, de Xosé Lesta Meis, 1926. 18. O Kalivera 30 H.P., de Xulián M. Magariños Negreira, 1926. 19. O consentimento, de Luís G. Vicencio, 1926. 20. Desengano, de Xan Pla Zubiri, 1926. 21. O home que deu vida a un morto, de Leandro Carré Alvarellos, 1926. 22. A Coutada, de Vicente Risco, 1926. 23. Xelo, o salvaxe, de Felipe Fernández Armesto, 1926. 24. O karma de Farruco Filgueira, de Ánxel Romero Cerdeiriña, 1926. 25. A filla da patrona, de Xuán Xesús González, 1926. 26. Fuxidos…, de Gonzalo López Abente, 1926. 27. O filósofo de Tamarica, de Xulián M. Magariños Negreira, 1926. 28. O xardín do castelo de vidre, de Álvaro María de las Casas, 1926. 29. A pecadenta silenzosa, de Manuel Bergueiro López, 1928. 30. O vigairo, de Xosé Filgueira Valverde, 1927. 31. Morta!, de Celestino Noya, 1927. 32. Escrito na néboa, de Ramón Otero Pedrayo, 1927. 33. Loita, de Rafael Fernández Casas, 1927. 34. Ladaíña, de Álvaro María de las Casas, 1927. 35. De como claudicou Xaquín Quiroga, de Xacobe Casal, 1927. 36. O xornal de Mavi, de Leandro Carré Alvarellos, 1927. 37. O ilustre Cardona, de Wenceslao Fernández Flórez, 1927. 38. Contos, de Alfredo Canalejo, 1927. 39. Contos de Nadal, de Armando Cotarelo Valledor, 1927. 40. Alevamento, de Luís G. Vicencio, 1928. miniatura|Carné de correspondente de LAR. Amais, no eido do teatro: O corazón d'un pedáneo, de Leandro Carré Alvarellos e O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte; e no da poesía: No desterro de Ramón Cabanillas, entre outras.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Catálogo das Pubricaciós Lar. A Cruña Galiciana. Biblioteca de Galicia.
(coord.) (2007). Ánxel Casal, un editor para un país Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-96530-47-8.
Outros artigos Nós (revista) Editorial Nós María Miramontes Ligazóns externas : Os libros de Ánxel Casal 1/5/2018.
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Editoriais de Galicia Categoría:Editoriais de Galicia desaparecidas Categoría:Revistas españolas do século XX
Categoría:1924 en Galicia